24 de nov. de 2010

ANA MARÍA MATUTE, PREMIO CERVANTES 2010


Ana María Matute (Barcelona, 1925) colleitou os premios literarios máis prestixiosos pola súa obra, entre os que figuran as novelas Los Abel (finalista do premio Nadal 1947), Fiesta al Noroeste (Premio Café Gijón 1952), Pequeño teatro (Premio Planeta 1954), Los hijos muertos (Premio da Crítica 1958 e Premio Nacional de Literatura 1959), Primera memoria (Premio Nadal 1959), Los soldados lloran de noche (Premio Fastenrath da Real Academia Española 1962), La torre vigía (1971), Olvidado Rey Gudú (1996), Aranmanoth (2000) e Paraíso inhabitado (2008). Tamén é autora de varios libros de contos reunidos recientemente no volume La puerta de la luna (Destino, 2010). É membro da Real Academia Española e da Hispanic Society of America. En 2007 foi galardonada co Premio Nacional das Letras polo conxunto da súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario