25 de xan. de 2011

Comezamos...

Hoxe tivemos o primeiro encontro do Clube de Lectura. Reunímonos, nun ambiente moi cordial: Dolo, Carmen, Marila, Pili, Eli, Ana, Ana Belén, Mari, Sole, Domingo, Beatriz, Nuria e Estela. Resultou unha experiencia moi positiva na que intercambiamos opinións do Decálogo de Pennac, que remataron no "decálogo" da nosa propia vida.
O vindeiro libro é o Principiño de Saint-Exupéry. Podedes conseguilo na Biblioteca, tanto en galego coma en castelán, e incluso en francés (poñédevos en contacto co Equipo).
Agradecémosvos a todos a vosa participación. Grazas e adiante

Ningún comentario:

Publicar un comentario