28 de feb. de 2011

Centenario ÁLVARO CUNQUEIRO



A Xunta de Galicia quere render homenaxe en 2011 ao escritor Álvaro Cunqueiro na conmemoración do centenario do seu nacemento. A Consellería de Cultura e Turismo promove un completo abano de actividades dentro do programa "2011, Ano Cunqueiro".O programa '2011, Ano Cunqueiro' botará a andar en Vigo en febreiro e rematará en Mondoñedo a finais de decembro. Na actividade inaugural do pr
ograma, en Vigo, as obras do escritor sairán a rúa e os seus textos viaxarán nos autobuses da cidade na que pasou boa parte da súa vida. Entre os actos programados destacan unha exposición itinerante, un congreso internacional e dez faladoiros. Con este completo abano de actividades, a Consellería de Cultura e Turismo pretende enxalzar o enxeño e a liberdade creadora que definiron a traxectoria literaria de Cunqueiro, un persoeiro que tanto fixo pola cultura galega e por Galicia.

A colaboración da Xunta de Galicia na programación do 2011, Ano Cunqueiro ten como obxectivo enxalzar a figura do noso autor difundir o seu gran legado literario para que Ulises, Merlín, Hamlet e Sinbad, vistos baixo os lentes únicos de Don Álvaro, continúen mozos, en familia, incertos e volvan ás illas durante mil primaveras máis.

Amplo programa de actividades
Os actos nos que participa a Consellería de Cultura e Turismo son:
- Inauguración da Exposición dobre Cunqueiro en Santiago de Compostela na Casa da Parra: Álvaro Cunqueiro 1911-2011. Recital poético musical de Amancio Prada en Santiago de Compostela (Axencia Galega das Industrias Culturais). Marzo-abril. Santiago.
- Acto literario ‘Cunqueiro, a maxia da palabra’, con Quico Cadaval e Candido Pazó, no ciclo ‘Galicia, ceo das Letras. Sábados de autor’. (Fundación da Cidade da Cultura). Abril, 2. Santiago.
- A exposición sobre Cunqueiro, inaugurada en Santiago de Compostela, Álvaro Cunqueiro 1911-201, itinerará por Lugo (maio-xuño), Ourense (xullo), Mondoñedo (agosto), A Coruña (setembro), Pontevedra (outubro), Ferrol (outubro-novembro) e Vigo (novembro). Maio-decembro.
-A montaxe teatral O incerto señor don Hamlet, da compañía ‘Sarabela Teatro’ co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais. A montaxe estará na Rede Galega de Teatro.
- Diversos actos literarios en Madrid e Barcelona organizados conxuntamente co Consello da Cultura Galega, coa coordinación de Carlos González Reigosa (Madrid) e Basilio Losada (Barcelona).
- Exposición sobre Cunqueiro e a gastronomía, organizada pola Fundación Cidade da Cultura.

A SÚA OBRA


Ningún comentario:

Publicar un comentario