28 de mar. de 2011

Bicos, bicos e máis bicos


Bicos, bicos e máis bicos

Un bico porque non
Un bico coma o lume
Un bico corazón
Un bico porque re
Un bico porque do
Un bico porque la
Un bico porque sol
Un bico do re mi
Un bico acordeón
Un bico do si fa
Un bico percusión
Un bico porque si
Un bico porque non
Antonio García Teijeiro


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para xoves, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces/as. Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa. No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX. O seu libro de relatos Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do Fórum Barcelona 2004.

Ningún comentario:

Publicar un comentario