21 de mar. de 2011

POEMarte

Atrévete a poemar
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
" Ábrese un gromo,
sae unha flor.
A primavera
ole a calor.
Sol, choiva,
néboa, color
Primaveriña...
Que ledo estou".

García Teijeiro

Queremos que disfrutedes da Poesía, hai poemas de todas as cores e sabores, seguro que uns vos gustan máis e outros menos, pero non deixedes de probar ata que atopodes un que vos saiba ben.
1- Rincón do Poeta. A partir do 10 de Febreiro, posta en marcha do Rincón do Poeta, o Paporrubio vainos traer distintas poesías que topa nos libros, e ademáis tamen vainos contar cousas sobre os autores-as das mesmas.
2-As Maletas da Poesía . Dende o día 23 de febreiro , chegaron por mar, "dende a Habana", ata as aulas, catro maletas cheas de libros variados de poesías...unha por ciclo, para ler, tocar, disfrutar destes libros. Coas maletas van acompañadas dunhas suxestións e propostas de actividades para realizar nas aulas.
3 -Propostas para traballar a Poesía. Tamén ofrecemos a relación dunha serie de actividades para traballar a Poesía nas aulas.
4-Semana da Poesía .
Enchemos a boca de Palabras doces: Imos recitar poesías polos pasillos do colexio, os nenos e nenas que queiran facer recitado de poemas de memoria, lendo, sós, en parellas, en grupo, escenificando...) Terán que comunicalo antes do 15 de marzo , para poder organizar o recital.
Atréveste a POEMAR? :sabemos que hai alumnos-as aos que as sensacións das que están feitos os poemas lles saen con moita facilidade, e son capaces de facer poesías moi atractivas. Aqueles que escriban e queiran compartir con nós as súas obras poderán facelo , e comunicalo antes do día 15 .
5- O xardín da poesía do Chano Piñeiro.
Cada alumno-a escribirá (os pequenos poden facer unha ilustración ou debuxo) , ata o día 11 de marzo nunha pequena cartulina de cor, facilitada pola Comisión de biblioteca, un fragmento dunha poesía ...e pola parte de atrás o título do libro onde a recollesen así como o autor da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario