11 de abr. de 2011

As familias tamén contan


O mércores 6 de Abril comezamos, en 6º de Infantil, a lectura de contos por nais e pais. A primeira en inaugurar esta actividade foi Marisa (nai de Iván Otero). Contounos, nada máis nin nada menos, que tres contos: A Toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza, Mupo e Igual que papá.


Hoxe, viñeron as mamás de Pablo e Sara (Paula e María, respectivamente) que nos contaron: A viaxe de Pancho, unha poesía adaptada por elas sobre unha fada despistada e Yo, el lobo y las galletas.


Os nenos/as disfrutaron moitísimo con estes contos e coa participación das súas nais. Grazas pola vosa colaboración, vémonos o mércores.







Mércores, 13 de Abril. As nove da mañá comezamos a nova sesión de contos, veu Virginia (mamá de Carla e David) e levounos o fondo do mar con "Flis-Fli-Ris-Flás".

GRAZAS familias. BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, seguimos a volta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario