3 de maio de 2011

OS SETE CABRITOS


Ana María Fernández é outra das nosas escritoras galegas de actualidade.Cultiva a poesía, o teatro e a narración. Conta con varios libros escolares relacionados coa aprendizaxe do galego así como coa traducción de varias obras de literatura infantil ao galego. En 1977 consigue o primeiro premio do "Concurso de Contos Infantís O Facho" coa obra Os amigos do cabaceiro. Con Xoán Babarro, como colaborador, recibe tamén o primeiro premio de teatro do concurso "O Facho" de 1978, coa obra Grande invento para saír do aburrimento e os premios "O Barco de Vapor" dos anos 1985 e 1989, coas obras Primeiro libro con Malola e Barrigaverde e o dragón Achís, respectivamente.A súa producción continúa en actividade sendo "Poemas que me contou o grilo" unha das súas últimas obras, publicada no 2007.

Matarile-rile, matarile-rón,
os sete cabritos de branco algodón.

Os sete cabritos querían xogar
á roda rodiña, no verde pinar.

E chegaron novas que o lobo feroz,
quería xantar año con arroz.

A mamá cabuxa, mortiña de medo,
pechoulles a porta co seu tarabelo.

-Non saiades fóra, que nunca se sabe,
eu volverei logo e xa levo a chave.

Mais o lobo malo, que andaba á procura,
seis deles puxo na barriga escura.

Dentro do reloxo, o máis pequeniño,
púidose librar do negro fociño.

E avisou á nai, que era costureira
e, xuntos, abríronlle a tripa tripeira.

Ao sairen todos, brincando contentos,
enchéronlle a panza de pedras a centos.

Matarile-rile, matarile-rón,
os setes cabritos de branco algodón.

Ana María Fernández

Ningún comentario:

Publicar un comentario