20 de out. de 2011

Graciñas

Meus queridos amigos/as:
Moitas gracias pola vosa axuda. A verdade, non sabedes o mal que se pasa sin ter un nome, eso de que te chamen paxaro ou simplemente paporrubio, non é nada agradable. A mín, como a vos, gústame que me chamen polo meu nome. E vos... ¡sodes fantásticos!, estádesme axudando.
Hoxe reuniuse un comité de sabios e despois de moito deliberar decidiron como me vou chamar, ¡qué ledicia!. Agora ben, temos que esperar un pouco, xa que hai que levalo o Rexistro.
Mañá, venres 21 de outubro, o longo da mañá, direivos o meu NOME.
Quérovos


Ningún comentario:

Publicar un comentario