15 de out. de 2011

Mochilas viaxeiras

Queridos amigos/as:
As mochilas viaxeiras comezan a viaxar ou mellor dito a voar. Poranse en marcha nesta semana.
Estas mochilas parten da inquietude das Bibliotecas Escolares de Galicia por aproximar a lectura ás familias.
Para esta actividade contamos con 18 mochilas, unha por aula, e no seu interior o Equipo de Biblioteca seleccionamos materiais acordes co nivel dos alumnos/as aos que vai destinada:
  • un libro para as familias
  • un libro en Inglés
  • Material multimedia (película, música,...)
  • un libro de poesía
  • un clásico
  • un libro especial
  • un caderno onde expresar a vosa opinión
É importante que respectedes os turnos marcados para que todos poidan ter acceso á mochila, que coidedes o material e avisedes si algún está deteriorado, e que expresedes a vosa opinión tanto do que vos gusta como do que non.
¡¡FELICES LECTURAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario