26 de out. de 2011

Que me queres amor?


Onte, coma cada último martes de mes, celebramos o Clube de Lectura de profes, que a partires de agora se chamará Galiña Azul.
Comentamos as nosas impresións do libro de Manuel Rivas, Que me queres amor?. As opinións foron diversas e enriquecedoras. Valoramos moito o vocabulario rico e culto deste autor así coma a súa facilidade para escribir. Historias inconexas cun único tema que as une: o AMOR.

Manuel Rivas naceu en A Coruña en 1957. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Considerada a voz máis sobresainte da literatura galega contemporánea, Manuel Rivas converteuse tamén nunha rara excepción dentro do panorama da literatura mundial. Polo seu manexo da linguaxe, a súa autenticidade, a tenrura das súas historias, a profunda resonancia poética da súa palabra, os seus libros foron ganando adeptos non sólo no continente europeo, senón no americano.
Algunhas das súas obras foron adaptadas ó cine con gran éxito como: A lingua das bolboretas que foi dirixida por José Luis Cuerda ou O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa, que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia española de cine.

O próximo libro que leremos é Momo de Michael Ende (Disfrutade dos debuxos que fixeron os rapaces de 5º de Primaria).

Ningún comentario:

Publicar un comentario