28/02/2011

Centenario ÁLVARO CUNQUEIRO



A Xunta de Galicia quere render homenaxe en 2011 ao escritor Álvaro Cunqueiro na conmemoración do centenario do seu nacemento. A Consellería de Cultura e Turismo promove un completo abano de actividades dentro do programa "2011, Ano Cunqueiro".O programa '2011, Ano Cunqueiro' botará a andar en Vigo en febreiro e rematará en Mondoñedo a finais de decembro. Na actividade inaugural do pr
ograma, en Vigo, as obras do escritor sairán a rúa e os seus textos viaxarán nos autobuses da cidade na que pasou boa parte da súa vida. Entre os actos programados destacan unha exposición itinerante, un congreso internacional e dez faladoiros. Con este completo abano de actividades, a Consellería de Cultura e Turismo pretende enxalzar o enxeño e a liberdade creadora que definiron a traxectoria literaria de Cunqueiro, un persoeiro que tanto fixo pola cultura galega e por Galicia.

A colaboración da Xunta de Galicia na programación do 2011, Ano Cunqueiro ten como obxectivo enxalzar a figura do noso autor difundir o seu gran legado literario para que Ulises, Merlín, Hamlet e Sinbad, vistos baixo os lentes únicos de Don Álvaro, continúen mozos, en familia, incertos e volvan ás illas durante mil primaveras máis.

Amplo programa de actividades
Os actos nos que participa a Consellería de Cultura e Turismo son:
- Inauguración da Exposición dobre Cunqueiro en Santiago de Compostela na Casa da Parra: Álvaro Cunqueiro 1911-2011. Recital poético musical de Amancio Prada en Santiago de Compostela (Axencia Galega das Industrias Culturais). Marzo-abril. Santiago.
- Acto literario ‘Cunqueiro, a maxia da palabra’, con Quico Cadaval e Candido Pazó, no ciclo ‘Galicia, ceo das Letras. Sábados de autor’. (Fundación da Cidade da Cultura). Abril, 2. Santiago.
- A exposición sobre Cunqueiro, inaugurada en Santiago de Compostela, Álvaro Cunqueiro 1911-201, itinerará por Lugo (maio-xuño), Ourense (xullo), Mondoñedo (agosto), A Coruña (setembro), Pontevedra (outubro), Ferrol (outubro-novembro) e Vigo (novembro). Maio-decembro.
-A montaxe teatral O incerto señor don Hamlet, da compañía ‘Sarabela Teatro’ co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais. A montaxe estará na Rede Galega de Teatro.
- Diversos actos literarios en Madrid e Barcelona organizados conxuntamente co Consello da Cultura Galega, coa coordinación de Carlos González Reigosa (Madrid) e Basilio Losada (Barcelona).
- Exposición sobre Cunqueiro e a gastronomía, organizada pola Fundación Cidade da Cultura.

A SÚA OBRA


24/02/2011

Recordando o nacemento de Rosalía....



Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si ríe,
conmove si chora.

22/02/2011

Tal vez estoy envejeciendo...

"El tiempo que perdiste con tu rosa hace que tu rosa sea tan importante".

Queridos amigos/as:

Hoxe reunímonos de novo, o Clube de Lectura. Como xa anunciaramos limos "O Principiño" de Saint Exupéry, cada un no idioma que quixo.

É un libro entrañable e sinceiro coma un neno/a. Breve pero cheo de contido. Para achegarse a el so fai falla unha cousa: ter alma de neno/a.

Uníronse o clube Paquita e Natalia (theacher).


O vindeiro libro é: "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl.

Saúdos

09/02/2011

El Reino del Revés. Mª Elena Walsh

Queridos amigos/as:
En Marzo imos celebrar o mes da POESÍA. Por iso, desde xa, enriqueceremos o noso blogue cos mellores escritores/as de antes e de agora. ¿Qué vos parece si comezamos con Mª Elena Walsh? DISFRUTADE.
(Podedes aportar poemas que sexan do voso agrado).





Elena Walsh naceu en Bos Aires en 1930.
En 1945 publicou os seus primeiros versos en diversas revistas e periódicos do seu país. Os 17 anos,
antes de finalizar os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes, escribiu «Otoño imperdonable», libro de poemas co que obtivo o Premio Municipal de Poesía.
En 1948 viaxou a Nueva York invitada por Juan Ramón Jiménez e posteriormente radicou en Paris.
Desde entón escribe, ademáis de poesía, obras de teatro e cancións para nenos/as.
Entre as súas obras cóntanse, «El País Jardín de Infantes», «El Reino del Revés», «El País de Nomeacuerdo» e «Novios de Antaño».
Faleceu en Bos Aires en xaneiro de 2011.

03/02/2011

Mario Tomás

Fai uns días visitounos o contacontos Mario Tomás. Cunha grande expresividade e valéndose da súa voz acercou os nenos/as a un mundo de maxia e fantasía. Aquí tedes unha pequena mostra. DISFRUTADE