24/06/2011

Noutros tempos...


RECOPILACIÓN DE FOTOS ANTIGAS.
¡¡MOITAS GRAZAS!! sin a vosa colaboración nada disto sería posible.
Pasade polo cole para ver a exposición.

Un verán de libros...



Aquí vos deixamos unha serie de recomendacións para o verán.

Dende a Biblioteca do Chano Piñeiro desexámosvos unhas ¡¡¡FELICES VACACIÓNS!!.

DISFRUTADE

15/06/2011

Lecturas ao Sol

Neste vídeo podedes ver o día en que todo o cole salimos a ler "ao Sol". Tamén, o final do mesmo, aparecen os rapaces e rapazas do IES AUGA DA LAXE que apadriñaron os nenos/as de Infantil (5 anos) e a algúns de 1º de Primaria. A actividade consistiu en que os maiores léronlle contos os pequenos. DESFRUTADE.

13/06/2011

Adeus a JUAN FARIAS, o transgresor da literatura infantil española




Consideraba o neno/a coma un ser libre e independente.


Rexeitaba a idea de transmitir valores a través da literatura, de escribir o servizo da educación e, en termos máis xerais, a súa renuncia a calquer actitude directiva que poida revelar unha disposición de dominio ou opresión do adulto sobre o neno.
Ante a habitual relación vertical entre os adultos e os nenos, Juan Farias ofrece un espacio horizontal construido sobre a imaxinación, o xogo, a confesión, e a paixón por contar e escoitar.
Se queres saber máis, pincha nos seguintes enlaces:


02/06/2011

Clube de Lectura

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre".



"Síntoo por eles, que parecen ovelliñas en vez de homes e mulleres. Ninguén pensa pola súa conta. Pensar é pecado. Pedir xusticia, verdadeira xusticia é pecado. E tamén é pecado ter ideias ou andar pola propia conta á procura da verdade".

Memorias dun neno, dunha vida, dunha realidade,..., memorias de cada un de nós.
Unha grande obra e un gran escritor: XOSÉ NEIRA VILAS.
En Xuño leremos "A Galiña Azul" do ourensán Carlos Casares.