17 de out. de 2012

LIBROS MONSTRUOSOS

Ten coidado, non te acerques,...corres riscos.
Unha morea de contos que te farán tremer.
Podes pasar o medo da túa vida, non o esquezas...
Aínda así, fainos unha visitiña.Pasaralo ben.

10 de out. de 2012

Pingas

Pois xa están aquí as vosas PINGAS,..., as vosas aportacións, a palabra máis fermosa que quixestes compartir con todos/as nós.
Pasade pola Biblioteca e disfrutade.


2 de out. de 2012

A túa pinga

Rubiño, volveu dunhas merecidas vacacións surcando mares e océanos. E precisamente desas viaxes, tróuxonos unha pinga a cada un de nós. E pídenos que escribamos nela o que se nos ocurra sobre a auga, o que se nos veña a cabeza cando pensamos en AUGA. Seguro que sairán fermosas palabras que compartiremos co resto dos compañeiros/as.
Aquí vedes os nenos/as de 6º de Educación Infantil reflexionando e decidindo as palabras que se lle ocorren.

8 de set. de 2012

¡BENVIDOS!

Amigos aquí estamos de novo. Comezamos un novo curso cheo de boas lecturas.  ¡ADIANTE!


14 de xuño de 2012

O Espantallo Amigo

Vídeo realizado polo alumnado de 6º B de Primaria. Unha adaptación do conto "O espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas. Noraboa

30 de abr. de 2012

O tendal da poesía

Xa vos contamos, que durante a semana da Poesía puxemos un tendal con prendas de roupa na entrada do colexio. Esas prendas, que incialmente eran blancas, convertéronse en roupa falante, transmisora de ideas e desexos. Poemas de escritores/as famosos e tamén de xóvenes promesas que hai no centro.
A roupa xa está seca, lista para ser usada.

Camiño das palabras

Palabra a palabra facemos camiño. Palabras longas e cortas, sobrias e elegantes, altas e baixas,..., xuntas formando un gran corazón.
Así comezou este camiño, con botas de neno e de maior. Cada un leva as que mellor lle vaian. Sempre para adiante.

17 de abr. de 2012

AbRiL LibRoS MiL

En Abril libros a mares. Celebraremos moitas actividades das que desexamos que participedes e disfrutedes:
  • Eu recomendo: Que libro nos recomendas? Ese libro que liches é do que quedaches prendado... CompARTE.
  • Lecturas ao Sol: o luns 23, a hora de ler farémola no patio. Despois escribiremos nun papel unha palabra da 6ª liña da páxina 6, e faremos un camiño que percorrerá o colexio.
  • Apadriñamento de libros: faremos de Contacontos entre os distintos cursos.
  • Apadriñamento cos alumnos/as do IES: os rapaces do IES apadriñarán con contos os nenos/as de 5 anos.
  • Exposición de libros elaborados nas aulas.
PESQUEITE LENDO
¡Pescámosvos lendo!,..., e queremos compartilo con todos vos.
Podedes pasar a ver a exposición, no horario establecido.


13 de abr. de 2012

Semana da Poesía

Todos temos algo de poeta e... demostrámolo. Do máis profundo saíron as emocións e sentimentos,..., e expresámolas. Aquí vos queda un pequeno recordo. Todo é un regalo do mar que chegou en forma de maleta...
¡¡¡Animádevos a ver a exposición de "Pesqueite Lendo" na entrada do Colexio!!!.

2 de abr. de 2012

El viaje de María

Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e o do Autismo. Acompañemos a María na súa viaxe:

16 de mar. de 2012

O mar é xeneroso


21 de Marzo: "Día mundial da poesía"

Proclamada en 1999 pola XXX Conferencia Xeral da UNESCO

La poesía es un fondo de agua marina (Santiago Montobbio)

No colexio aparecen maletas envoltas en redes
con letras, ritmos, imaxes e linguaxes diferentes
que nos pasean voando na brisa.
Rubiño asubía esperando o canto do cuco,
e o luns 19 na entrada de cristal
poderedes atopar unha sorpresa tendida,
deixando ao sol palabras perdidas.
Pouco a pouco, nun tendal, deixaremos as nosas prendas:
grandes, pequenas, de cor ou branquinegras,
enchendo os corredores de poemas, poesías,
rimas, cancións, tristuras, alegrías...
Que silencio encherá a nosa lectura?
Que música oiremos despois dese día?
Rubiño nos invita a ler poesía en voz alta e clara,
na hora de ler da semana do 26...
animádevos!!!!

Que será, será... o que nos regala o mar?
O luns saberémol

10 de mar. de 2012

Visita de XOSÉ NEIRA VILAS

Un día marabilloso con XOSÉ NEIRA VILAS

O martes 8 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza, na nosa Biblioteca, de Xosé Neira Vilas.

Profes e nenos preparamos, moi ilusionados, esta visita:

  • Limos e traballamos cos seus libros.

  • Fixemos murais da súa vida e obra: “De cando Suso foi carteiro”, “Memorias dun neno labrego”,...

  • Os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron lerlles “Contos vellos para nenos novos” os máis pequenos.

  • Os alumnos de 3º e 4º aprenderon e recitaron poemas do seu libro “Cantarolas”. Ilustrárono e fixeron unha montaxe que gravaron, e logo pasámoslle o resto do colexio.

  • Os alumnos de Infantil prepararon unha caixa con caricaturas de Neira Vilas.

  • Os maiores tamén prepararon preguntas para facerlle durante o encontro.

    …...

    …..............en fin, un día inesquecible para todos e todas.

    Esperemos que Xosé Neira Vilas tamén garde na súa marabillosa memoria algún anaquiño desta visita, para nós foi un día moi especial.

    Aprendimos, disfrutamos e recibimos parte da súa maxia das palabras.

Unha reflexión: con respecto á importancia do galego, di: "O galego é fillo do latín, pai do portugués e irmán maior do castelán".

Desfrutade coas Cantarolas que prepararon os nenos/as de 4º de Primaria:



O alumnado de 3º elaborou un vídeo cunhas fermosas poesías do seu libro de Cantarolas. Seguro que vos encanta!!

28 de feb. de 2012

Clube de Lectura


Hoxe, coma tódolos últimos martes de cada mes, tivemos clube de lectura. Comentamos "La ciudad de los niños" de Tonucci.
Vexamos este vídeo e reflexionemos:

23 de feb. de 2012

22 de feb. de 2012

Eu falo así...

Celebrando o día da Lingua Materna (que foi onte).

10 de feb. de 2012

9 de feb. de 2012

O soldadiño de chumbo

Desfrutade deste engaiolante conto do Soldadiño de Chumbo. Se o necesitades temos un exemplar na Biblioteca.

6 de feb. de 2012

Clube de lectura

O martes 31 de Xaneiro tivemos clube de lectura. Comentamos o libro de Agustín Fernández Paz "Non hai noite tan longa".




Nel atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.


O próximo libro que leremos é "La ciudad de los niños" de Francesco Tonucci.

2 de feb. de 2012

Visita

Onte mércores, recibimos a visita doutros bibliotecarios/as de distintos coles da provincia de Pontevedra. Pasamos unha tarde agradable compartindo experiencias e opinións diversas que a todos/as nos enriqueceron moitísimo.


Todos tomamos nota das distintas actividades que se fan noutras Biblios para poder traballalas no noso ámbito.










Esperemos que pronto repitamos noutro cole e sigamos aprendendo.

31 de xan. de 2012

Teatro "A Galiña Azul"





Un grupo de pais/nais da Compañía de Teatro "Casideprimeiros" representaron o conto da Galiña Azul de Carlos Casares.


Grazas pola vosa fermosa representación teatral. Fixéstelo moi ben. Pasámolo xenial. GRACIÑAS

14 de xan. de 2012

A Galiña Azul

Son azul.... e por que non?

13 de xan. de 2012

Paz

Aquí tedes unha páxina moi interesante con recursos, de todo tipo, para traballar a PAZ (poemas, debuxos,...).
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
Un resumo de todo o feito:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz-2012.html

Desfrutade dalgunhas cancións:
Mi rosa de la Paz. AMARAL



Tell me why. DECLAN GALBRAITH


Desaprender la guerra. LUIS GUITARRA



El odio por amor. JUANES