6 de feb. de 2012

Clube de lectura

O martes 31 de Xaneiro tivemos clube de lectura. Comentamos o libro de Agustín Fernández Paz "Non hai noite tan longa".




Nel atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.


O próximo libro que leremos é "La ciudad de los niños" de Francesco Tonucci.

Ningún comentario:

Publicar un comentario