16 de mar. de 2012

O mar é xeneroso


21 de Marzo: "Día mundial da poesía"

Proclamada en 1999 pola XXX Conferencia Xeral da UNESCO

La poesía es un fondo de agua marina (Santiago Montobbio)

No colexio aparecen maletas envoltas en redes
con letras, ritmos, imaxes e linguaxes diferentes
que nos pasean voando na brisa.
Rubiño asubía esperando o canto do cuco,
e o luns 19 na entrada de cristal
poderedes atopar unha sorpresa tendida,
deixando ao sol palabras perdidas.
Pouco a pouco, nun tendal, deixaremos as nosas prendas:
grandes, pequenas, de cor ou branquinegras,
enchendo os corredores de poemas, poesías,
rimas, cancións, tristuras, alegrías...
Que silencio encherá a nosa lectura?
Que música oiremos despois dese día?
Rubiño nos invita a ler poesía en voz alta e clara,
na hora de ler da semana do 26...
animádevos!!!!

Que será, será... o que nos regala o mar?
O luns saberémol

Ningún comentario:

Publicar un comentario