10 de mar. de 2012

Visita de XOSÉ NEIRA VILAS

Un día marabilloso con XOSÉ NEIRA VILAS

O martes 8 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza, na nosa Biblioteca, de Xosé Neira Vilas.

Profes e nenos preparamos, moi ilusionados, esta visita:

  • Limos e traballamos cos seus libros.

  • Fixemos murais da súa vida e obra: “De cando Suso foi carteiro”, “Memorias dun neno labrego”,...

  • Os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron lerlles “Contos vellos para nenos novos” os máis pequenos.

  • Os alumnos de 3º e 4º aprenderon e recitaron poemas do seu libro “Cantarolas”. Ilustrárono e fixeron unha montaxe que gravaron, e logo pasámoslle o resto do colexio.

  • Os alumnos de Infantil prepararon unha caixa con caricaturas de Neira Vilas.

  • Os maiores tamén prepararon preguntas para facerlle durante o encontro.

    …...

    …..............en fin, un día inesquecible para todos e todas.

    Esperemos que Xosé Neira Vilas tamén garde na súa marabillosa memoria algún anaquiño desta visita, para nós foi un día moi especial.

    Aprendimos, disfrutamos e recibimos parte da súa maxia das palabras.

Unha reflexión: con respecto á importancia do galego, di: "O galego é fillo do latín, pai do portugués e irmán maior do castelán".

Desfrutade coas Cantarolas que prepararon os nenos/as de 4º de Primaria:



O alumnado de 3º elaborou un vídeo cunhas fermosas poesías do seu libro de Cantarolas. Seguro que vos encanta!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario