17/10/2012

LIBROS MONSTRUOSOS

Ten coidado, non te acerques,...corres riscos.
Unha morea de contos que te farán tremer.
Podes pasar o medo da túa vida, non o esquezas...
Aínda así, fainos unha visitiña.Pasaralo ben.

10/10/2012

Pingas

Pois xa están aquí as vosas PINGAS,..., as vosas aportacións, a palabra máis fermosa que quixestes compartir con todos/as nós.
Pasade pola Biblioteca e disfrutade.


02/10/2012

A túa pinga

Rubiño, volveu dunhas merecidas vacacións surcando mares e océanos. E precisamente desas viaxes, tróuxonos unha pinga a cada un de nós. E pídenos que escribamos nela o que se nos ocurra sobre a auga, o que se nos veña a cabeza cando pensamos en AUGA. Seguro que sairán fermosas palabras que compartiremos co resto dos compañeiros/as.
Aquí vedes os nenos/as de 6º de Educación Infantil reflexionando e decidindo as palabras que se lle ocorren.