23 de xan. de 2013

Máis que caixas...

Rapaces, aquí vos deixo as respostas as preguntas que viñan nas caixas. Espero que fose unha actividade divertida. Seguide lendo o que vos guste. Gustaríame que deixárades no blogue os vosos comentarios sobre a actividade.
 Ah!!... non vos esquezades que na Biblioteca contamos cunha fermosa selección de libros relacionados coa PAZ.

Libro 1 : “A vella quenlla.....


1- Por qué perde os dentes?.

Resposta:Porque mordeu unha pedra.

2-Qué lle aconsella o centolo?.

Resposta: Que comera unha papa de algas.

3-Qué animais desta lista non saen
na historia?:xurelos, congros, linguados,troitas, sardiñas, pescadas.

Resposta: As troitas.

4-Consegue a vella quenlla recuperar os dentes?.

Resposta: O polbo faille uns dentes de ferro.


Libro 2: “La vuelta al mundo en 80 días.”

1- Onde naceu Julio Verne?.En qué ano?. Qué outros libros escribiu?.
Resposta: No ano 1829, en Francia.Escribiu:De la tierra a la luna, Veinte mil leguas de viaje submarino,Cinco semanas en globo...
2- Qué reto fai Fogg?.

Reposta: Que podía dar a volta ao mundo en 80 días.

3- Con qué medio de transporte escomenza a viaxe?.
     Resposta: En tren.
Qué percorrido fai Fogg?.
     Resposta: De Londres a París, Turín, Brindasi, Suez, Egipto, India, Singapur, Japón, San Francisco, Liverpool

4- Qué día remata a viaxe?, de qué ano?.
    Resposta: 21 de decembro de 1872.

    Libro 3 : “Os meus amigos, os piratas”.

  1. Onde pensaron que chegaran os piratas?.
    Resposta: O Caribe.
  1. Por qué remata o partido de fútbol?.
       Resposta: Porque caeu o balón ao mar.
  1. Qué animais viaxan no barco?.
    Resposta: Un loro e un gato.
  1. Cómo é a bandeira do barco pirata que chegou ata a praia?
     Resposta: Unha calavera e dous osos cruzados.


Libro 4 : “A illa do tesouro”.

1- Qué atopa Jim no cofre?.

Resposta: Compás, moedas,un lingote de prata, dúas pistolas, un vello reloxio español...

2- Cómo se chaman os compañeiros de Jim?.

Resposta: John Silver e Billy Jones.

3- Cantas partes dun barco nomean neste libro?.

Resposta: Cociña, bodega, cuberta, áncora, ponte, popa...

4- Quén grita: Collede as pas e os picos!, xa chegamos.

Resposta: O Doutor Livesey, cabaleiro de Trelawnwy.

Ningún comentario:

Publicar un comentario