12 de dec. de 2014

O CARBALLO CON BOTAS

Tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza do inigualable Anxo Moure "o carballo con botas". Os seus contos leváronos a un mundo solidario, respetuoso co medio ambiente, amante da paz e a solidariedade.
Todos os nenos/as do cole pasamos pola Biblio e pasamos un momento xenial.








Non vos esquezades de visitar a web de Contos solidarios que nos recomendou Anxo Moure.

Contos solidarios

6 de DECEMBRO: Día da Constitución

Os rapaces de 6º fixeron un traballo moi interesante para conmemorar o día da Constitución Española. Despois da búsqueda e recopilación de información na Biblio, lectura de manuais e demáis aspectos explicáronlle aos nenos/as de Infantil os detalles máis importantes da Carta Magna, unha versión axeitada e fácil de entender.
Aquí vos deixamos o enlace http://chanos6.blogspot.com.es/2014/11/estatuto-de-autonomia-de-galicia.html

29 de nov. de 2014

VIOLENCIA DE XÉNERO


Excelente traballo realizado polos nenos/as de 5ºB. Fonte: blogue de Actividades Complementarias

28 de nov. de 2014

Ciencia e MATEMÁTICAS na BIBLIO

Aplicacións, xogos, experimentos,...que che poden ser de axuda para traballar as Matemáticas dunha forma divertida, xa sexa no cole ou na casa.
É un material dos compañeiros/as do CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense)

https://sites.google.com/site/cienciaematematicasnabiblio/

Formación de USUARIOS/AS

Desde o CEIP Vales Villamarín de Betanzos

24 de out. de 2014

24 de Outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Nada mellor que celebrar o día das Bibliotecas Escolares cos vosos traballos. As 7 lúas espéranvos na Biblio para que recordedes o que fixestes o ano pasado.

17 de out. de 2014

Contos de MEDO

Próximo o Samaín, unha festa de orixe celta, poñemos a vosa disposición moitos contos de medo. DISFRUTADE DAS LECTURAS TERRORÍFICAS!

Contos solidarios de "O carballo con botas"

Contos solidarios

8 de maio de 2014

Marcapáxinas gañadores

Estes son os MARCAPÁXINAS gañadores.
Agradecémosvos a todos/as a vosa participación, fixestes uns marcapáxinas fermosos, foi moi difícil a selección.



Pétalos de imaxinación, bolboretas de palabras,...a primavera chegou a biblioteca do Chano.


25 de abr. de 2014

Lecturas ao sol cheas de bolboretas

 Seguimos celebrando o mes dos libros. Esta mañá fixemos o momento de ler ao sol, bueno, ou a sombra, porque o tempo non acompañou.
A palabra non só está no libro, senón que sae voando en forma de bolboreta e percorre todo o colexio. Cada unha é especial, diferente e única. Sigamos voando!





3 de abr. de 2014

Día Internacional do Libro INFANTIL

SEGUIDE DISFRUTANDO DE FERMOSAS LECTURAS..

3 de feb. de 2014

Semana de CINE

Queridos cinéfilos, por segundo ano celebramos a Semana de Cine, coa proxección de películas relacionadas coa historia e co paso do tempo "Gondomar no tempo". Pasaremos unha semana moi divertida.

Un grupo de pais/nais fixeron este divertido e instructivo vídeo. Grazas pola vosa colaboración.







27 de xan. de 2014

30 de Xaneiro: Día da PAZ



Na Biblio tedes una sección de libros relacionados coa PAZ. Pasade a disfrutar das lecturas.