18 de dec. de 2015

No inverno lemos

A biblioteca de Paporrubio, xunto ao Equipo de Dinamización lingüística e o Departamento de Orientación do colexio queremos recomendarvos materiais para compartir os días de frío e vacacións. Neste folleto hai recomendacións de música (para bailar e cantar), libros (para ler e buscar) e xogos.

30 de nov. de 2015

Falecemento de Xosé Neira Vilas

O venres pola tarde espallouse a noticia: Xosé Neira Vilas faleceu esa mañá na súa casa de Vila de Cruces.


Neira Vilas é dabondo coñecido polas súas obras poéticas e narrativas e principalemente pola súa defensa e utilización dá lingua galega. Quen de nós non coñece as Memorias dun Neno Labrego ou O Espantallo Amigo,  ou Cabaliño de buxo ou as poesías do libro Cantarolas?
O seu libro Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega, tal vez porque é un referente non só cultural senón etnográfico sobre as formas de vida nas aldeas. No ano 2012 tivemos a sorte de recibir a súa visita na biblioteca do colexio e disfrutamos da súa mensaxe sobre a vida, a lingua, a infancia. Na entrada da biblioteca podedes atopar unha exposición dos libros que temos na biblioteca, así como diferentes materiais realizados polo alumnado do colexio en diferentes momentos. Animamos a todas aquelas persoas que ainda non teñan lido algunha das súas obras, que se acerquen á mesma e ppidan en préstamo algunha delas.

19 de out. de 2015

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Chegou o día das bibliotecas. No colexio queremos celebralo cunha selección de lecturas sobre o lema escollido este ano pola asesoría de bibliotecas escolares: a biblioteca, base de exploracións. Estas recomendacións son unha porta pequena a todos eses mundos que podemos explorar e que sempre nos interesan: países, animais, culturas, descubrimentos, o cosmos, as civilizacións, como funcionan as cousas, ..... tantas e tantas cousas que provocan a nosa curiosidade. Acercarvos á nosa exposición e por suposto, á nosa biblioteca.

10 de out. de 2015

A nosa Biblioteca

8 de out. de 2015

Horario da biblioteca

Xa podes ver o horario de uso da biblioteca cada día da semana. Lembra que todas as tardes agás os martes está aberta de 16.00 a 17.45; podes vir a ler, buscar información, facer traballos....

7 de out. de 2015

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura

Comezamos o curso cunha nova extraordinaria; o premio Nacional de Literatura Infantil é para a escritora Ledicia Costas polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta editado por Edicións Xerais.
Esta autora é coñecida en Gondomar por ter participado en varias actividades de Espazo Lectura,a derradeira delas no mes de febreiro para falar coas leitoras e leitores da súa novela, pola que xa obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.



Noraboa, Ledicia.

2 de xuño de 2015

PACO PAPÁN

O alumnado de 6º do CEIP Chano Piñeiro foi deleitado por un grupo de pais/nais, cando remataban infantil, coa representación da obra :
 " PACO PAPÁN -PATACRUA , OQO , 2007"
Agora, retomando os elementos de fai 6 anos, os alumnos xestionaron todo o necesario para por en escena a mesma obra. Por iniciativa de algúns de aqueles pais/nais que seguían en contacto coa BIBLIOTECA, logo de ser grabada polos alumnos, foi montada en película coa súa colaboración.
Gracias, por estar aí completando a tarefa de educar.


Grandes os/as artistiñas de 6º de Primaria coa súa representación de Paco Papán. Deixades moitas pegadas no colexio. Grazas polo bo facer. Seguide así.

29 de maio de 2015

Para saber máis de...

...Chano Piñeiro. Ven á Biblio a coñecer máis da vida de Chano Piñeiro, no aniversario do seu pasamento.

27 de maio de 2015

Ven xogar á FESTA DO CINE

Ven xogar á FESTA do Cine




III Semana de CINE


Xa imos pola III SEMANA DE CINE e este ano conmemoramos o 25 aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, cineasta que da nome ao noso colexio.
Iniciamos a semana cunha pasarela de película (alfombra vermella incluida) organizada polos rapaces e rapazas de 6º de Primaria (podedes ver as fotos e o ben que desfilaron con disfraces de protagonistas de películas).
Ao longo da semana veremos fragmentos de "El peque se va de marcha", "Up", "Chaplin", "Solo en casa"... e tamén algunha das películas de Chano Piñeiro.
Disfrutade da cultura, disfrutade do CINE!!.

20 de maio de 2015

As familias tamén contan

Onte tivemos a II sesión de formación en contos coas familias. Pasamos unha tarde divertida contando e compartindo contos. Aprendendo recursos e técnicas que nos axudarán a contar mellor. Grazas por vir.
Seguide disfrutando das lecturas cos vosos/as fillos/as!!



29 de abr. de 2015

Lendo en común

Os de 6º de Primaria viñéronlle ler aos maiores de Infantil. Unha experiencia preciosa, de encontro e compartir. Mañá os de Infantil devolveranlle este regalo.

24 de abr. de 2015

I MARATÓN DE LECTURA: 23 de Abril

23 de Abril: Lendo todos/as e en tódolos espazos. Disfrutando das lecturas. Grazas mestres/as por participar.

16 de abr. de 2015

Día Mundial do LIBRO: 23 de ABRIL

A vindeira semana será unha semana de sorpresas e actividades interesantes. Celebramos o día do libro e temos que festexalo. As actividades serán as seguintes:
  • O luns 20 faremos pública a exposición de fotos "Lendo co meu avó ou avoa".
  • O martes 21 serán as "lecturas ao Sol".
  • Mércores 22 cada un/unha traerá da casa o libro que máis lle guste e desexe compartir con todos nós.
  • Xoves 23: "I Maratón Lector" Todos/as lendo á vez en todo espazo do centro.
  • Venres 24 "Apadriñamento lector". Os/as maiores de 6º leranlle contos os/as maiores de Infantil (6 EI)
.Iniciamos a semana inaugurando a exposición de fotos "Lendo co meu avó/avoa". Vena ver! Grazas por participar.
Tamén trouxemos o noso libro preferido e compartímolo cos nosos compañeiros/as.

23 de mar. de 2015

Semana da POESÍA

Esta semana celebramos a Semana da POESÍA. Cada día ata o xoves recitaremos poemas, e o venres teremos unha actividade de animación lectora con Miguel Anxo Alonso.

11 de mar. de 2015

As FAMILIAS tamén CONTAN

Onte fixemos unha actividade de Formación en Contos coas familias. Pasamos unha tarde super divertida e formativa, organizada polo profe Germán. Aprendemos estratexias, bailes, cantos,...Grazas por compartir. Sigamos sumando!





2 de mar. de 2015

Grazas!!

Grazas a familia de Ángela de 5º Educación Infantil B pola súa aportación a nosa Biblioteca.

23 de feb. de 2015

Eu son ROSALÍA!

Algúns dos traballos realizados:










http://issuu.com/estrelasbrancas/docs/suxesti__n_de_actividades_rosal__a?e=1207302/11540632

13 de feb. de 2015

GRAZAS!

A familia de Pablo e Jorge Fole donou ao noso Centro esta colección de fermosos libros da súa biblioteca particular.
Moitas grazas pola vosa XENEROSIDADE.

9 de xan. de 2015

30 de XaNeIrO: día da PAZ

Disfrutade das lecturas



Recompilación de Recursos para a PAZ elaborados pola mestra Mª Asunción García Álvarez


Tamén vos aconsellamos a páxina web de Contos solidarios que nos recomendou Anxo Moure na súa recente visita ao colexio.

Contos solidarios