30 de nov. de 2015

Falecemento de Xosé Neira Vilas

O venres pola tarde espallouse a noticia: Xosé Neira Vilas faleceu esa mañá na súa casa de Vila de Cruces.


Neira Vilas é dabondo coñecido polas súas obras poéticas e narrativas e principalemente pola súa defensa e utilización dá lingua galega. Quen de nós non coñece as Memorias dun Neno Labrego ou O Espantallo Amigo,  ou Cabaliño de buxo ou as poesías do libro Cantarolas?
O seu libro Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega, tal vez porque é un referente non só cultural senón etnográfico sobre as formas de vida nas aldeas. No ano 2012 tivemos a sorte de recibir a súa visita na biblioteca do colexio e disfrutamos da súa mensaxe sobre a vida, a lingua, a infancia. Na entrada da biblioteca podedes atopar unha exposición dos libros que temos na biblioteca, así como diferentes materiais realizados polo alumnado do colexio en diferentes momentos. Animamos a todas aquelas persoas que ainda non teñan lido algunha das súas obras, que se acerquen á mesma e ppidan en préstamo algunha delas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario