29 de abr. de 2015

Lendo en común

Os de 6º de Primaria viñéronlle ler aos maiores de Infantil. Unha experiencia preciosa, de encontro e compartir. Mañá os de Infantil devolveranlle este regalo.

24 de abr. de 2015

I MARATÓN DE LECTURA: 23 de Abril

23 de Abril: Lendo todos/as e en tódolos espazos. Disfrutando das lecturas. Grazas mestres/as por participar.

16 de abr. de 2015

Día Mundial do LIBRO: 23 de ABRIL

A vindeira semana será unha semana de sorpresas e actividades interesantes. Celebramos o día do libro e temos que festexalo. As actividades serán as seguintes:
  • O luns 20 faremos pública a exposición de fotos "Lendo co meu avó ou avoa".
  • O martes 21 serán as "lecturas ao Sol".
  • Mércores 22 cada un/unha traerá da casa o libro que máis lle guste e desexe compartir con todos nós.
  • Xoves 23: "I Maratón Lector" Todos/as lendo á vez en todo espazo do centro.
  • Venres 24 "Apadriñamento lector". Os/as maiores de 6º leranlle contos os/as maiores de Infantil (6 EI)
.Iniciamos a semana inaugurando a exposición de fotos "Lendo co meu avó/avoa". Vena ver! Grazas por participar.
Tamén trouxemos o noso libro preferido e compartímolo cos nosos compañeiros/as.