29 de maio de 2015

Para saber máis de...

...Chano Piñeiro. Ven á Biblio a coñecer máis da vida de Chano Piñeiro, no aniversario do seu pasamento.

27 de maio de 2015

Ven xogar á FESTA DO CINE

Ven xogar á FESTA do Cine




III Semana de CINE


Xa imos pola III SEMANA DE CINE e este ano conmemoramos o 25 aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, cineasta que da nome ao noso colexio.
Iniciamos a semana cunha pasarela de película (alfombra vermella incluida) organizada polos rapaces e rapazas de 6º de Primaria (podedes ver as fotos e o ben que desfilaron con disfraces de protagonistas de películas).
Ao longo da semana veremos fragmentos de "El peque se va de marcha", "Up", "Chaplin", "Solo en casa"... e tamén algunha das películas de Chano Piñeiro.
Disfrutade da cultura, disfrutade do CINE!!.

20 de maio de 2015

As familias tamén contan

Onte tivemos a II sesión de formación en contos coas familias. Pasamos unha tarde divertida contando e compartindo contos. Aprendendo recursos e técnicas que nos axudarán a contar mellor. Grazas por vir.
Seguide disfrutando das lecturas cos vosos/as fillos/as!!