19/10/2015

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Chegou o día das bibliotecas. No colexio queremos celebralo cunha selección de lecturas sobre o lema escollido este ano pola asesoría de bibliotecas escolares: a biblioteca, base de exploracións. Estas recomendacións son unha porta pequena a todos eses mundos que podemos explorar e que sempre nos interesan: países, animais, culturas, descubrimentos, o cosmos, as civilizacións, como funcionan as cousas, ..... tantas e tantas cousas que provocan a nosa curiosidade. Acercarvos á nosa exposición e por suposto, á nosa biblioteca.

10/10/2015

A nosa Biblioteca

08/10/2015

Horario da biblioteca

Xa podes ver o horario de uso da biblioteca cada día da semana. Lembra que todas as tardes agás os martes está aberta de 16.00 a 17.45; podes vir a ler, buscar información, facer traballos....

07/10/2015

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura

Comezamos o curso cunha nova extraordinaria; o premio Nacional de Literatura Infantil é para a escritora Ledicia Costas polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta editado por Edicións Xerais.
Esta autora é coñecida en Gondomar por ter participado en varias actividades de Espazo Lectura,a derradeira delas no mes de febreiro para falar coas leitoras e leitores da súa novela, pola que xa obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.



Noraboa, Ledicia.