9 de dec. de 2016

Acto de entrega o IX Premio de Poesía “Victoriano Taibo”

Acto de entrega o IX Premio de Poesía “Victoriano Taibo”
O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar.

Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor.

O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo. O acto de entrega, conducido por Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
  • A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto. 
  • Marta Dacosta fai unha breve lembranza da figura de Victoriano Taibo e recorda tamén a recente publicación da súa obra inédita Contos pequenos. 
  • O CEP Neira Vilas, de Peitieiros, interpretará dous destes contos. 
  • Xosé Lois Vilar fará un breve comentario sobre o libro premiado. 
  • O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra. 
  • Actuación da banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns. 
  • Despois da quenda de agradecementos clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe.

7 de dec. de 2016

Proxecto alimentación

Neste pequeno taboeiro aparecen diferentes recursos e actividades que poden server de axuda para traballar o proxecto sobre a alimentación.
Invitamosvos tamén a ler co alumnado de maior idade o artigo sobre nutrición no que se fai unha análise crítico sobre as recomendacións da OMS e a publicidade nos medios de comunicación
Ni cereales, ni galletas ni zumos: anuncios para niños que la OMS prohibiría

24 de nov. de 2016

25 N: Día contra a violencia de xénero

Para traballar este tema deixamos algúns enlaces que vos poden ser de axuda:
 Presentación realizada polo alumnado de 5º de educación primaria do colexio:


 Recomendado para tratar o tema da violencia contra a muller dende un conto:
 Arturo e Clementina.

3 de nov. de 2016

Elaboración de textos

Presentamos un material que pode server de axuda para a elaboración de textos tanto orais como escritos. Trátase dun material moi elemental que esperamos poida ser de axuda.

20 de out. de 2016

24 de outubro. Día das bibliotecas


Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bilbiotecarios/as.

Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.

Celebra con nós o Día da Biblioteca!


Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. 

Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos. 

Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:

—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?

Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!

Ledicia Costas
Información : Galix

19 de out. de 2016

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este luns 24 de outubro é o día das Bibliotecas e para non esquecer tan importante data...o noso pequeno recuncho adicado aos libros, xa está a preparar todo para tan importante conmemoración. Como xa vos adiantamos noutras entradas este ano temos unha mención especial a todas as artes, así que organizamos unha pequena exposición de libros que recompilan dende a fotografía, pintura, escultura, música...para facer un percorrido por cada unha das mesmas. 
Asemade, preparamos un cuadro de Piet Mondrian. Ollade a nosa exposición, agardamos que vos guste!!!









CHARLA CON CRSITINA NOVOA EN ESPAZO E LECTURA

Este venres 21 de outubro ás 18:00 horas,  para os amigos/as de Contos en Cueiros e para toda a xente interesada haberá un acto inaugural da tempada. Cristina Novoa, a máxima responsable da Asesoría das Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, orientará de forma amena e práctica, as familias, nais e pais, educadores/as e ao público aistente sobre a importancia de acompañar aos nosos fillos e fillas no seu proceso lector durante toda a infancia e adolescencia.
Tamén actuará a Banda dos Cueiros, un grupo de música infantil.

18 de out. de 2016

Día da biblioteca

O vindeiro 24 de outubro abrirase formalmente a Biblioteca escolar co galo do Día das Bibliotecas Escolares. Para elo, a Biblioteca Paporrubio en colaboración con nenas e nenos que se prestan a compartir as súas dotes artísticas programou unha actividade que se levará a cabo de forma conxunta para todo o alumnado.

Programa

11 de out. de 2016

O Papagaio, xornal para nenas e nenos en galego

Esta fin de semana chegounos a noticia do nacemento dun novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. . O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual. Os seus responsables destacan que haberá unha  sección de ciencia e tecnoloxía asesorada por científicos/as e  presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe. Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán poñer en práctica.

Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia; este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza terá un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que relacionará as distintas especies animais autóctonas coa literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.

Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada, protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social



(Praza Pública)

28 de set. de 2016

Horario de biblioteca

Dende o luns 26 de setembro xa está distribuído o horario semanal de uso da biblioteca para cada grupo do colexio.

Lembrade que a biblioteca está aberta para o alumnado de educación primaria os luns, mércores, xoves e venres de 16 a 17.45h, sempre baixo a supervisión dunha mestra ou mestre. O alumnado de E. Infantil pode acudir no mesmo horario pero sempre acompañado por un  adulto.


luns
martes
mércores
xoves
venres
9- 9.50


2º A E.P.

4º B E.P.
5º A E.P.
9.50- 10.40

6º B E.P.
6º E.I. A
5º E.I.B
5º E.I.A
10.40-11,30
4º E.I.B

1º B E.P.
3º A E.P.
1ºA  E.P.
RECREO
1º e 2º E.P.
5º E.I.
3º e 4º E.P.
6º E.I.
5º e 6º E.P.
12.20
6º A E.P.

3º B E.P.
4º E.I. A
Contacontos E.I.
13.10
5º A E.P.
6º E.I.B
2º B E. P.
4º A E.P.

13 de set. de 2016

ROALD DAHL

E comenzamos un novo curso escolar, con novas aventuras na nosa biblioteca! O día de hoxe facemos especial mención e recordatorio a Roald Dahl, novelista e escritor para adultos e pequenos de contos tan coñecidos como "Charlie y la fábrica de chocolate", "El enorme cocodrilo"...


7 de set. de 2016

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes

Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.


A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últiimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
 
 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

17 de xuño de 2016

A Fontiña

Noraboa!!!
Este é o resultado de diferentes proxectos levados a cabo ao longo do curso.

A fontiña 2015-16

2 de maio de 2016

MANUEL MARÍA

Xa estamos no mes de maio e con el o Día das Letras Galegas este ano adicado a Manuel María.
Manuel María foi coñecido principalmente pola súa obra poética e a súa defensa da lingua.
Para traballar a obra e a biografía de Manuel María podedes visitar o blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio ou os seguintes enlaces: 
No corredor da entrada do colexio temos unha pequena exposición cos fondos biblográficos de Manuel María e traballos realizados polo alumnado de 6º de E.Primaria.


29 de abr. de 2016

Maio, mes das letras galegas



Para celebrar a festividade das Letras Galegas os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega argallamos adicarlle tempo e esforzos, alomenos neste mes de maio, para coñecer un pouco máis a nosa fala e a nosa cultura.

Para tal fin propomos as seguintes actividades:
  • Exposición na biblioteca de material bibliográfico e audiovisual sobre Manuel María e demais autores/as da nosa terra.

  • No blogue Chanamos Galego colgamos propostas interesantes para traballar ao autor homenaxeado este ano, recollidas de páxinas como o Seminario galán, A casa museo de Manuel María e a Xunta.

  • O mércores 18 e xoves 19 o alumnado de 6ºB representará unha adaptación do conto musicado "Pedro e o Lobo" 
     
    O venres 20 e luns 23 o alumnado de 3ºB presentará unha adaptación do conto "Chímpate, Pepa!"
    (Estas actuacións terán lugar na biblioteca e para asistir ás mesmas poderedes apuntarvos nun cadro que se colocará no taboleiro da sala do profesorado.)
    O alumnado de 6ºA presentará o seu Rap para a defensa do galego "O galego non ten fin" (Queda pendente a confirmación do día desta actuación)

  • Como colofón final o día xoves 26 de maio ás 12:00 h terá lugar na pista do patio superior un concerto de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Un grupo que nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir aos/ás nenos/as, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .
  • Os carteis coa vida e retazos da obra do homenaxeado están expostos no descansiño da subida ao 2º andar e polo tiro das escaleiras da porta principal.

23 de abr. de 2016

23 de abril, Día Mundial do Libro

Por fin chegou o 23 de abril o Día Mundial do Libro. A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria editou coma anos anteriores un pequeno díptico para lembrar o significado desta data.
Este ano o texto orixinal é de Pedro Feijoo, "Os libros son para valentes".
Á espera de que cheguen ao centro exemplares do mesmo para distribuir, compartímolo grazas ao blog das Bibliotecas escolares



20 de abr. de 2016

CHANEANDO. O xornal do colexio

Xa está rematado o noso xornal. Grazas a todas e todos polo traballo realizado.

4 de abr. de 2016

Mes dos libros

Para conmemorar as datas do mes de abril, dende a biblioteca programamos as seguintes actividades_
  • O meu libro favorito. Solcitamos que nenas, nenos, mestras, mestres, ou calquera outro membro da comunidade educativa, empreste o seu libro favorito á biblioteca para facer unha exposición polos corredores do colexio na que poidamos ler e ver estes libros. (Aseguramos a súa devolución).
  • Lecturas ao sol (ou aos corredores). O venres 22 de abril a hora de ler será no patio do colexio (nos corredores si chove). Poderase facer individual, grupal, en parella, en voz alta, en silencio, .......
  • Apadriñamento lector . Na semana do 11 ao 15 de abril, o alumnado de 6º de primaria adicará a hora de ler ao alumnado de educación infantil, coa lectura individual de libros da nosa biblioteca individualmente ou en parellas. 
  • Representacións arredor dos libros, autores, personaxes. Calquera grupo que prepare algunha actividade arredor da lectura, dos libros poderá compartirla na biblioteca co resto do colexio.  (Esta actividade poderase extender ata o mes de maio). 
  • Exposición de materiais. Na semana do 25 ao 29 de abril prepararse un lugar na entrada da biblioteca para expor os traballos realizados nas aulas arredor dos libros, autores, lectura, personaxes, etc.

31 de mar. de 2016

Abril, mes dos libros

Chega abril e con el unha morea de actividades arredor dos libros e da lectura. 
Chamámolo así xa que recolle dúas datas especiais para o mundo literario: 
  • 2 de abril. Nacemento de Hans Christian Andersen, data elexida en 1967 como o Día Internacional do libro infantil e xuvenil, para inspirar o amor aos libros e chamar a atención sobre estes libros.
 
  • 23 de abril. O 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega; nese día coincide o nacemento ou morte doutras autoras e autores recoñecidos. No ano 1926 celébrase por vez primeira en España, e no ano 1995 a UNESCO decide proclamar ese día como Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra



Este ano o Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra cambia as súas datas e será dende o 1 ao 23 de abril
Podedes visitar as súas exposicións, obradoiros ou acudir ás funcións teatrais ou de contacontos.
 
María Álvarez "Yupiyeyo"

4 de mar. de 2016

Semana da Prensa

Chega a Semana da Prensa e traballaremos coa mesma nas aulas, cada día un periodíco diferente e co obxectivo de crear unha páxina para o xornal do colexio. O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca fixeron unha exposición cos xornais feitos nos cursos anteriores e colgaron na árbore os xornais do mundo que temos, e nos que podemos apreciar como o formato é similar neste tipo de texto.
Dende o curso pasado, o colexio dispón dunha programación específica para esta actividade:
ä volta das vacacións veremos o resultado

1 de mar. de 2016

Semana de Rosalía

Loading...
Loading...

21 de feb. de 2016

Rosalía de Castro. 24 de febreiro

O 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. 



Para festexar esta data, coñecida como o Día de Rosalía, a Biblioteca Paporrubio e o Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P. Chano Piñeiro prepararon unha serie de actividades que se levarán a cabo ao longo de toda a semana do 22 ao 26 de febreiro
  • Exposición na biblioteca de material bibliográfico e audiovisual sobre a homenaxeada.
  • Posibilidade para todo o centro de facer á Hora de Ler na biblioteca´.
  •  Audicións musicais de poemas de Rosalía
  • Para infantil:
      Elaboración dun collage"pop" coa imaxe a cor da artista e gravación de poeías Rosalianos
  • Para primaria:
      Follas Nosas: os nenos/as deseñaran unha follla de árbore real ou imaxinaria na que escribirán un texto de Rosalía. Estas creacións colgaranse na árbore da entrada (que tanto xogo nos está dando este ano). (Deixaranse modelos para fotocopiar na sala de profesorado por se alguén o precisa).
  • Para todo o centro a proposta é a seguinte:
      Creación dunha rosa que o venres na hora do recreo intercambiarán con quen cada persoa  considere.
Subiremos as fotos unha vez rematada a semana.

11 de feb. de 2016

Entroido 2016: Cada cultura é unha cara

Este ano o entroido chegou con presa; voltamos en xaneiro e sen decatarnos xa tiñamos a Laika Jones (a Meca) mandando sen dar respiro.




O tema deste ano foi a interculturalidade, e cada nivel do cole traballou o seu disfraz arredor das diferentes culturas:
  • 4º E.Infantil: Masais 
  • 5º E. Infantil: Tuaregs 
  • 6º E.Infantil: Londinienses 
  • 1º E. Primaria: China 
  • 2º E. Primaria: Hawai 
  • 3º E. Primaria: Perú 
  • 4º E. Primaria: Pobo árabe
  • 5º E. Primaria: México
  • 6º E. Primaria: Pobo xitano 


Por fin o venres 5 de febreiro desfrutamos véndonos na pista e cada grupo amosou a todo o colexio a danza preparada coas mestras Elena (primaria) e Betlem (infantil).
Despois, saímos polas rúas da vila no pasarrúas con outros colexios.

2 de feb. de 2016

Día da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día escolar pola Paz e a non violencia

Este curso o centro non ten programada ningunha actividade conxunta pero si hai propostas de pequenas actividades e enlaces dende o blogue de AACC como a realización de pombas de papel para colocar na árbore da entrada do colexio ou guirnaldas para o vestíbulo.

As nenas e nenos de 2º de E.P. teñen preparada unha presentación que levarán polas aulas.

Dende a Biblioteca preparamos unha pequena maleta con novidades que xiran arredor desta temática. 


28 de xan. de 2016

Tratamento da información; competencia dixital

Cal é a forma correcta de buscar, organizar, analizar e tratar a información para aprender?
Este documento, elaborado por Mª Olga Rodríguez Díaz do C.E.I.P. Milladoiro (Malpica de Bergantiños), axúdanos a saber como acceder á información, como elaborar traballos documentais e recoller información a través de diferentes tipos de textos.

13 de xan. de 2016

A linguaxe oral na aula

Apuntamentos do libro La lengua oral en la escuela. 10 experiencias didácticas. Ed. Graó Juli Palou, Carmina Bosch (coordenadores) que axúdannos ao tratamento da linguaxe oral nas actividades de ensino e aprendizaxe fundamentais para avanzar na lectura e a escritura. Realizados dende o GT do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado do colexio.