29 de abr. de 2016

Maio, mes das letras galegas



Para celebrar a festividade das Letras Galegas os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega argallamos adicarlle tempo e esforzos, alomenos neste mes de maio, para coñecer un pouco máis a nosa fala e a nosa cultura.

Para tal fin propomos as seguintes actividades:
  • Exposición na biblioteca de material bibliográfico e audiovisual sobre Manuel María e demais autores/as da nosa terra.

  • No blogue Chanamos Galego colgamos propostas interesantes para traballar ao autor homenaxeado este ano, recollidas de páxinas como o Seminario galán, A casa museo de Manuel María e a Xunta.

  • O mércores 18 e xoves 19 o alumnado de 6ºB representará unha adaptación do conto musicado "Pedro e o Lobo" 
     
    O venres 20 e luns 23 o alumnado de 3ºB presentará unha adaptación do conto "Chímpate, Pepa!"
    (Estas actuacións terán lugar na biblioteca e para asistir ás mesmas poderedes apuntarvos nun cadro que se colocará no taboleiro da sala do profesorado.)
    O alumnado de 6ºA presentará o seu Rap para a defensa do galego "O galego non ten fin" (Queda pendente a confirmación do día desta actuación)

  • Como colofón final o día xoves 26 de maio ás 12:00 h terá lugar na pista do patio superior un concerto de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Un grupo que nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir aos/ás nenos/as, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .
  • Os carteis coa vida e retazos da obra do homenaxeado están expostos no descansiño da subida ao 2º andar e polo tiro das escaleiras da porta principal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario