4 de abr. de 2016

Mes dos libros

Para conmemorar as datas do mes de abril, dende a biblioteca programamos as seguintes actividades_
  • O meu libro favorito. Solcitamos que nenas, nenos, mestras, mestres, ou calquera outro membro da comunidade educativa, empreste o seu libro favorito á biblioteca para facer unha exposición polos corredores do colexio na que poidamos ler e ver estes libros. (Aseguramos a súa devolución).
  • Lecturas ao sol (ou aos corredores). O venres 22 de abril a hora de ler será no patio do colexio (nos corredores si chove). Poderase facer individual, grupal, en parella, en voz alta, en silencio, .......
  • Apadriñamento lector . Na semana do 11 ao 15 de abril, o alumnado de 6º de primaria adicará a hora de ler ao alumnado de educación infantil, coa lectura individual de libros da nosa biblioteca individualmente ou en parellas. 
  • Representacións arredor dos libros, autores, personaxes. Calquera grupo que prepare algunha actividade arredor da lectura, dos libros poderá compartirla na biblioteca co resto do colexio.  (Esta actividade poderase extender ata o mes de maio). 
  • Exposición de materiais. Na semana do 25 ao 29 de abril prepararse un lugar na entrada da biblioteca para expor os traballos realizados nas aulas arredor dos libros, autores, lectura, personaxes, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario