29 de abr. de 2016

Maio, mes das letras galegas



Para celebrar a festividade das Letras Galegas os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega argallamos adicarlle tempo e esforzos, alomenos neste mes de maio, para coñecer un pouco máis a nosa fala e a nosa cultura.

Para tal fin propomos as seguintes actividades:
  • Exposición na biblioteca de material bibliográfico e audiovisual sobre Manuel María e demais autores/as da nosa terra.

  • No blogue Chanamos Galego colgamos propostas interesantes para traballar ao autor homenaxeado este ano, recollidas de páxinas como o Seminario galán, A casa museo de Manuel María e a Xunta.

  • O mércores 18 e xoves 19 o alumnado de 6ºB representará unha adaptación do conto musicado "Pedro e o Lobo" 
     
    O venres 20 e luns 23 o alumnado de 3ºB presentará unha adaptación do conto "Chímpate, Pepa!"
    (Estas actuacións terán lugar na biblioteca e para asistir ás mesmas poderedes apuntarvos nun cadro que se colocará no taboleiro da sala do profesorado.)
    O alumnado de 6ºA presentará o seu Rap para a defensa do galego "O galego non ten fin" (Queda pendente a confirmación do día desta actuación)

  • Como colofón final o día xoves 26 de maio ás 12:00 h terá lugar na pista do patio superior un concerto de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Un grupo que nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir aos/ás nenos/as, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .
  • Os carteis coa vida e retazos da obra do homenaxeado están expostos no descansiño da subida ao 2º andar e polo tiro das escaleiras da porta principal.

23 de abr. de 2016

23 de abril, Día Mundial do Libro

Por fin chegou o 23 de abril o Día Mundial do Libro. A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria editou coma anos anteriores un pequeno díptico para lembrar o significado desta data.
Este ano o texto orixinal é de Pedro Feijoo, "Os libros son para valentes".
Á espera de que cheguen ao centro exemplares do mesmo para distribuir, compartímolo grazas ao blog das Bibliotecas escolares



20 de abr. de 2016

CHANEANDO. O xornal do colexio

Xa está rematado o noso xornal. Grazas a todas e todos polo traballo realizado.

4 de abr. de 2016

Mes dos libros

Para conmemorar as datas do mes de abril, dende a biblioteca programamos as seguintes actividades_
  • O meu libro favorito. Solcitamos que nenas, nenos, mestras, mestres, ou calquera outro membro da comunidade educativa, empreste o seu libro favorito á biblioteca para facer unha exposición polos corredores do colexio na que poidamos ler e ver estes libros. (Aseguramos a súa devolución).
  • Lecturas ao sol (ou aos corredores). O venres 22 de abril a hora de ler será no patio do colexio (nos corredores si chove). Poderase facer individual, grupal, en parella, en voz alta, en silencio, .......
  • Apadriñamento lector . Na semana do 11 ao 15 de abril, o alumnado de 6º de primaria adicará a hora de ler ao alumnado de educación infantil, coa lectura individual de libros da nosa biblioteca individualmente ou en parellas. 
  • Representacións arredor dos libros, autores, personaxes. Calquera grupo que prepare algunha actividade arredor da lectura, dos libros poderá compartirla na biblioteca co resto do colexio.  (Esta actividade poderase extender ata o mes de maio). 
  • Exposición de materiais. Na semana do 25 ao 29 de abril prepararse un lugar na entrada da biblioteca para expor os traballos realizados nas aulas arredor dos libros, autores, lectura, personaxes, etc.