21 de mar. de 2017

Buscando na OPAC Meiga

A miúdo temos problemas para saber si na biblioteca temos un libro concreto ou material sobre un tema. Para axudarnos na nosa busca dos fondos que temos catalogados no Meiga, as nosas compañeiras Asun Carballo e Mónica Ruiz fixeron este material:


Como práctica, podedes buscar libros no noso catálogo simplemente premendo na pestaña Os nosos fondos e probando.

20 de mar. de 2017

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA POESÍA

Esta semana estamos a celebrar a semana da poesía coa realización de recitais diarios na nosa biblioteca. A nosa celebración centrarase principalmente en dous autores tan importantes como Gloria Fuertes e Miguel Hernández.

16 de mar. de 2017

Visita de Fran Alonso

Hoxe recibimos a visita de Fran Alonso como preparación para a semana da poesía.
O alumnado de 3º e 5º de E. Primaria entraron en contacto coas catro patas da poesía: a palbra, o silenzo, a música e a maxia e poideron escoitar poemas dos seus libros "O meu gato é un poeta" e "Poemas birollos para ler cos ollos" editados por Xerais.

                                                     

   

    
  Despois, as nenas e nenos de 6º de E. Primaria tiveron un encontro arredor do libro "Contos nerviosos"editado pola editorial Embora, onde volve aparecer o silenzo atopando o seu lugar na fantasía infantil
                                      
imaxes das portadas: http://cabrafanada.blogspot.com.es/

12 de mar. de 2017

Semana da Poesía

O 21 de marzo celébrase o día da poesía e dende o 20 ao 24 de marzo a biblioteca Paporrubio programa diversas actividades arredor desta: exposicións, lecturas compartidas, obradoiros literarios,... 
Para axudar ao profesorado a realizar estas actividades, dende a biblioteca elaborouse un documento con recursos: 

1 de mar. de 2017

Semana da prensa

Axuntamos unha infografía para traballar os diferentes textos periodísticos