26 de xan. de 2011

Sempre PAZ

Coidar a Terra é traballar pola PAZ Meu Xeneral...

-Alto, alto, Xeneral!
Onde vas? vas á guerra?
Non me mates a pombiña
que naceu no meu pombal.
E non me lixes a auga
na que me vou bañar.

Non dispares os canóns
onde hai campos de pan.
Non nos queimes os bosques
que manteñen limpo o ar.
E non me rompas a escola
que a escola é o meu soñar.
Que as túas balas non maten
ao neno que grita Paz.

(Alto, alto, Xeneral!)

Onte as nenas e nenos
plantámosche un rosal,
xeneral, meu xeneral.
Dámosche tódalas rosas,
e o perfume do azar.
Que o teu corazón se encha
de sorrisos, xeneral.

Adaptación de José González Torices. "Poemas para la Paz".


"Lo grito aquí: ¡Paz! Y lo grito

llenas de llanto las mejillas.
¡Paz, de pie! ¡Paz! ¡Paz, de rodillas!
¡Paz hasta el fin del infinito!
No otra palabra, no otro acento
ni otro temblor entre las manos.
¡Paz solamente! ¡Paz, hermano!
Amor y paz como sustento."

Rafael Alberti


Barquiño de papel:




Cómplices:

25 de xan. de 2011

Comezamos...

Hoxe tivemos o primeiro encontro do Clube de Lectura. Reunímonos, nun ambiente moi cordial: Dolo, Carmen, Marila, Pili, Eli, Ana, Ana Belén, Mari, Sole, Domingo, Beatriz, Nuria e Estela. Resultou unha experiencia moi positiva na que intercambiamos opinións do Decálogo de Pennac, que remataron no "decálogo" da nosa propia vida.
O vindeiro libro é o Principiño de Saint-Exupéry. Podedes conseguilo na Biblioteca, tanto en galego coma en castelán, e incluso en francés (poñédevos en contacto co Equipo).
Agradecémosvos a todos a vosa participación. Grazas e adiante

17 de xan. de 2011

"Aprendín a ler nos xornais"


Hay tres nombres que figuran en la memoria educativa de Cristina Pato con el subrayado del afecto y la admiración. El de Luiz de Moura Castro es el más ligado a la música. El de Arturo Fernández la conduce a la adolescencia en el instituto Otero Pedrayo. Con el de Dolores Gil reaprende las primeras letras en el parvulario del colegio Calvo Sotelo, hoy CEIP As Mercedes.
Dolores es alta, pero Cristina la recuerda altísima. Veinticinco años después de que le descubriese la lectura ?«Aprendín a ler nos xornais»?, la gaiteira la mira desde su estatura y la achucha con un afecto que se trueca en emoción y lágrimas nada más tocar el aire. La elección de Cristina Pato como «su maestra» le ha proporcionado a Dolores un extra de felicidad en una etapa, la de la jubilación, desde la que ve la vida con sosiego. «Dolores era especialmente cariñosa; non lembro moito da miña vida, pero sempre lembro a Dolores lendo o periódico para nós. A miña nai sorprendíase cada día porque, cando chegaba o meu pai á casa para comer, poñiamos as noticias e eu xa as sabía todas. Era unha avanzada», rememora Cristina. Dolores vuelve a aquellos años para revivir la precariedad de las aulas: «Non tiñamos medios nin espazo nin materiais nin nada». En esas circunstancias, impensable que la Cristina parvulita descubriese la música en la escuela. «Non tiñamos instrumento de ningunha clase, lamenta Dolores, único cantar. Lembro unha canción: ?Somos los bomberos, vamos a apagar?». En esa época comenzó Cristina Pato su aventura con la música. «Empecei coa gaita aos 4 ou 5 anos porque tiña un problema de bronquios e os médicos recomendáronme natación e soplar globos. Á miña nai pareceulle inútil e mandoume a gaita. Empecei no Conservatorio con 5; despois fixen baile galego. Máis adiante o tema da música empezou a medrar e converteuse case nunha profesión. Cada 15 días ía a Barcelona ao Conservatorio e despois marchei a Estados Unidos seguindo ao meu profesor de piano». Cristina Pato está casada con un maestro hijo de maestros:
«Deime conta do importante rol do profesor por el; era profesor na Escola Hogar Mariñamansa e aínda hoxe veñen os seus alumnos aos meus concertos a buscalo a el». En su maestra Dolores, Cristina tiene una seguidora fiel. «No xornal sempre vía as súas actuacións, tamén cando marchou a EE.UU. Eu non asisto ás actuacións, fai anos que non vou nin ao cine, pero sempre a vexo en televisión. O outro día actuabas cunha alta que cantaba», dice, refiriéndose a Rosa Cedrón, mientras Cristina la vuelve a achuchar.



14 de xan. de 2011

CLUBE DE LECTURA

Queridos profes:
Desde a Biblioteca do Centro queremos animarvos a participar no
Clube de Lectura que comezará a súa andaina o vindeiro martes 25 as 3 da tarde.
A proposta que vos queremos contar é a seguinte :
  • cada mes elexiremos un título de lectura, e tentaremos facilitar exemplares dende a Biblioteca.
  • cada último martes de mes reunirémonos ás 3 da tarde para comentar, opinar,... sobre o que temos lido, e así aproveitaremos uns as apereciacións dos outr@s.
  • Empezaremos coa lectura do texto "Decálogo", incluido no libro "Como una novela" de Daniel Pennac. Edit.Anagrama (texto teórico sobre a lectura).

Tamén aproveitamos para iniciar formalmente a petición de deixar libros persoais para levar a cabo o préstamo entre nós.
Algún título que vos teña causado boa impresión, pode ser compartido entre tod@s durante algún tempo. Para facelo falade con algunha compoñente do equipo da Biblioteca, e quedarán rexistradas as entradas e saídas.