Amosando publicacións coa etiqueta 23 de abril. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23 de abril. Amosar todas as publicacións

22 de abr. de 2019

23 de abril. Día do Libro

Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítou un díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019. 

 Este ano a poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.