Biblioteca do C.E.I.P. Chano Piñeiro . "Leo para vivir máis vidas que os gatos". Fran Alonso
9 de maio de 2019
6 de maio de 2019
Libros doados pola ANPA Pousa de Fontán para a aula matinal.
Hoxe quedaron colocados no comedor do colexio os libros doados pola ANPA Pousa de Fontán, para o seu uso na aula matinal e no comedor en días de choiva.
Tendo en conta a diversidade de alumnado que utiliza estes servizos e o pouco tempo dispoñible, o lote de libros doados son unha fantástica colección de libros- xogo de observación, busca e entretemento para todas as idades.
2 de maio de 2019
Abrimos o recanto lúdico
Xa temos aberto o recanto lúdico e creativo na biblioteca. Ofrécenos diferentes materiais e xogos para estimular a creatividade, a cooperación, a estratexia, a lóxic, a linguaxe, etc.....
Axuntamos as instruccións dos materiais:
30 de abr. de 2019
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Alumnado do centro está a traballar a conmemoración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Antonio Fraguas.
Deixámosvos o enlace ao Seminario Galán onde podedes atopar infinidade de recursos para imprimir ou traballar en liña.
Cliquea en ''SEMINARIO GALÁN'' para acceder aos recursos.
29 de abr. de 2019
Feira de Turismo ChaPiTour
Dende o xoves 25 de abril e ata o martes 7 de maio abríu a Feira de Turismo ChaPiTour.
A Feira ábrese cada día para recibir a visitado público, e poder explicar as diferentes ofertas.
A Feira está situda no corredor do 2º andar e nela pódense visitar os postos das 10 empresas turísticas creadas polo alumnado de 6º de educación primaria.
A Feira ofrece diferentes rutas por Parques Nacionais de Europa axustadas ao proxecto documental integrado Ruta de Natureza por Europa levado a cabo no segundo trimestre e que contou coa axuda da biblioteca na busca de recursos informativos e TIC .
A Feira ábrese cada día para recibir a visitado público, e poder explicar as diferentes ofertas.
26 de abr. de 2019
II certame escolar de CREACIÓN DRAMÁTICA
O xoves 25 de abril o alumnado e profesorado de 6º de educación primaria recibíu a visita de Fátima e Luis da Sección de Teatro do Instituto de Estudos Miñoráns que fixeron entrega dos diplomas de participación no II certame escolar de Creación Dramática, coas obras escritas perante o primeiro trimestre escolar.
Fixeron tamén entrega dun lote de libros de teatro e poesía para cada aula.
22 de abr. de 2019
23 de abril. Día do Libro
Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítou un díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
Este ano a poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
9 de abr. de 2019
Lecturas ao sol
Chegou abril ,o mes dos libros cunha semana de bo tempo, polo que aproveitamos para facer as nosas lecturas ao sol no patio do colexio ata o xoves, no que utilizamos os corredores do colexio.
Esta actividade é xa un referente docolexio, epodemos facer lecturas de todo tipo en lugares diferentes.
O alumnado de 3º de educación primaria relizou apadriñamentos lectoresco alumnado de educción infantil.
2 de abr. de 2019
29 de mar. de 2019
Día do Libro Infantil
Comeza o mes de abril, o Mes dos libros e a lectura, e a primeira data a celebrar é o Día do Libro Infantil e xuvenil o martes 2.
O Ibby comparte o cartel e o manifesto deste ano baixo o titulo Os libros fannos acougar e cuio autor é Kestius Kasparavicius:
Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... Expresións coma estas poden
escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas
partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da
información, da présa e da precipitación.
Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda.
Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a acougar. Tan pronto
como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as
cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a
entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo
acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas
están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando.
Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.
O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a
fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito
tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita
cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as
amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade
cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas
cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?
Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar
acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa
ou entre as mans, non si?
E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os
libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan,
pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven...
vaites, xa sabedes o que ven!
Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha
persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á
que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña
tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.
No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:
Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!
Tradución: Antía Marante Arias (GÁLIX)
28 de mar. de 2019
Luis Seoane. Día das Artes Galegas
O luns 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas que neste ano 2019 está adicado á figura de Luis Seoane.
A Rede do Patrimonio Cultural achega dous documentos de traballo, para todas as idades, conscientes de que o mellor camiño para a conservación do Patrimonio é o coñecemento.
Sempre é un pracer disfrutar da obra dun artista como Luis Seoane e acercarnos máis á súa figura.
14 de mar. de 2019
Semana da Prensa
Dende o xoves 14 de marzo o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Paporrubio preparamos diferentes actividades para levar a cabo na Semana da Prensa e que rematarán coa elaboración conxunta do periódico escolar.
Para axudarvos na posta en práctica de diferentes actividades arredor da prensa, podedes clicar na pestana PRENSA e incluimos enlaces a prensa dixital e medios audiovisuais en galego, así como os materiais elaborados no centro: A infografía Textos periodísticos e a Unidade Didáctica Integrada.
Radio Galega: RG
Televisión de Galicia: TVG
No corredor da 1ª planta pódese visitar a exposición de Prensa escrita do mundo e os diferentes periódícos elaborados no centro.
27 de feb. de 2019
Día da Muller
Para celebrar o día da muller, o Equipo de Actividades Complementarias do colexio invítanos a realizar unha exposición con fotografías de mulleres importantes da nosa vida.
A biblioteca Paporrubio, preparou unha selección de materiais bibliográficos (biografías, libros sobre o traballo da muller na historia, contos que tratan a igualdade da muller) e un symbaloo con enlces a diferentes recursos para utilizar na aula.
Cliquear na palabra ''SYMBALOO'' para acceder aos recursos.
A biblioteca Paporrubio, preparou unha selección de materiais bibliográficos (biografías, libros sobre o traballo da muller na historia, contos que tratan a igualdade da muller) e un symbaloo con enlces a diferentes recursos para utilizar na aula.
Cliquear na palabra ''SYMBALOO'' para acceder aos recursos.
20 de feb. de 2019
Rosalía de Castro
O vindeiro 24 de febreiro celébrase o aniversario de Rosalía de Castro; por ser domingo realizaremos os actos o luns 25.
O Equipo de Dinamización Lingüística propón a seguinte actividade:
Con motivo do día de Rosalía de Castro, o EDLG preparouvos un reto para pór a proba a vosa memoria poética.
Na biblioteca,atoparedes dous “Rosalímetros”colocados onde está o escenario.
A actividade consiste, en intentar memorizar a maior cantidade de versos posibles de cada poema.
A vosa capacidade memorística, valorarase en diferentes niveis asociados ás cores do poema
Podedes competir para comprobar quen consegue aprender máis versos no menor tempo posible.
Aconsellámosvos, aproveitar a sesión asignada para a biblioteca , ou calquera outra na que estea dispoñible durante a vindeira semana.
Dende a biblioteca do centro axuntamos unha serie de recursos para traballar na aula. Que os disfrutedes!
O Equipo de Dinamización Lingüística propón a seguinte actividade:
Con motivo do día de Rosalía de Castro, o EDLG preparouvos un reto para pór a proba a vosa memoria poética.
Na biblioteca,atoparedes dous “Rosalímetros”colocados onde está o escenario.
A actividade consiste, en intentar memorizar a maior cantidade de versos posibles de cada poema.
A vosa capacidade memorística, valorarase en diferentes niveis asociados ás cores do poema
Podedes competir para comprobar quen consegue aprender máis versos no menor tempo posible.
Aconsellámosvos, aproveitar a sesión asignada para a biblioteca , ou calquera outra na que estea dispoñible durante a vindeira semana.
Dende a biblioteca do centro axuntamos unha serie de recursos para traballar na aula. Que os disfrutedes!
5 de feb. de 2019
11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia
O luns 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, data que promove a realización de actividades para fomentar de vocacións científicas nas nenas e procurar eliminar a brexa de xénero na ciencia dando visibilidade á actividade das mulleres neste campo.
Dende a biblioteca Paporrubio, animámovos a traballar esta data na semana do 11 ao 15 de febreiro, para o que compartimos convosco un panel de recursos e os materiais bibliográficos cos que contamos.
24 de xan. de 2019
Día da Paz e non violencia. Recursos
O 30 de xaneiro celebramos o día da paz e a non violencia.
Aquí tedes algúns recursos para traballar esta conmemoración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)