Semana do libro
Acabamos de vivir a semana máis importante para as biblioteca escolares, a semana do libro.
Os nosos nenos e nenas poideron disfrutar de diferentes actividades cas que festexamos esta data tan sinalada.
O luns 17 visitou o noso centro Beatriz Campos e Manuel de Teatro Migallas para presentar o seu espectáculo "Contos nas orellas" para o alumnado de infantil e ata 4º de primaria.
Tamén nos visitou María Pajaro autora de Quen é a nena? para falar de como é escribir unha novela e de todos os detalles autobiográficos da historia que ela escribiu.
Todos os días, compartimos lecturas en diferentes espazos do noso patio alumnado de diferentes idades.
O equipo de arts colaborou nesta celebración creando co alumnado un recordo especial.
Cada día, propuxemos ao alumnado un reto, a que conto pertence esta frase?
Cada recuncho do noso centro tiña unha pequena exposición