25 de dec. de 2022

Recomendación lectoras de Nadal

 As persoas que formamos o equipo da Biblioteca Paporrubio queremos desexarvos a todos e todas unhas felices festas en compañía dos vosos seres queridos e unha boa entrada no 2023!



19 de dec. de 2022

Un nadal de cine

 Un nadal de cine

Remata o ano 2022 rubiños e nós podemos dicir que o celebramos por todo o alto xa que o longo de todo o mes de decembro tivemos moitas actividades na nosa biblioteca.

A exposición con libros de nadal presidiu a nosa entrada durante todo o mes con contos en catelán, galego e inglés.

Tamén creamos un calendario de advento especial, xa que cada día propuxemos un reto o noso alumnado, dende adiviñanzas, lecturas de nadal e propostas divertidas como crear unha árbore de nadal humana ou encher unha estrela branca con palabras de nadal.

Outra das actividades foron as recomendacións lectoras, unha actividade de consiste en pedirlle os nenos e nenas que tráian un dos seus contos preferidos e o compartan cos demáis. Sempre é un momento de compartir, de falar, de xerar conversas e preguntas.

Aquí deixamos as recomendación creadas polo alumnado de 2º e o de 4º








1 de dec. de 2022

3 de Decembro: Día internacional das persoas coa discapacidade

 3 de Decembro: Día internacional das persoas coa discapacidade


Queridos rubiños!

A nosa biblioteca enchéuse de cometas esta semana para conmemorar o Día internacional das persoas con discapacidade. O motivo é que sempre por estas datas colaboramos co Centro Juan María de Nigrán e este ano a proposta foi elaborar cometas que puidemos voar o día 2 de decembro en Praia América nun acto ao que acudimos centros de Nigrán, Gondomar e Baiona.

Co fin de achegar libros de esta temática, a nosa exposición albergou os titulos que aquí vos deixamos!

   



25 de nov. de 2022

25 de Novembro: Día internacional da eliminación da violencia de xénero

 25 de Novembro: Día internacional da eliminación da violencia de xénero

Que importante é o fomento da igualdade, as lecturas que transmiten aos nenos e nenas que todos somos iguais, sen identidades, sen xéneros, so mirando aos ollos a cada persoa que temos diante de nós.

Este ano para traballar esta data sinalada do calendario escolar pola súa importancia quixemos facer unha actividade en coaboración co equipo plurilingüe. 

O alumnado traballou por ciclos catro contos ca temática de igualdade ou eliminación de violencia como son Rosa Caramelo, A historia dos bonobós, O chuvasqueiro de Aurora e Xela volveuse vampira. 

Este foi o fermoso resultado




20 de nov. de 2022

20 de novembro: Día internacional dos dereitos da infancia

 20 de novembro: Día internacional dos dereitos da infancia


Sen dúbida unha das datas máis especiais do mes de novembro é o Día internacional dos dereitos da infancia no que traballamos co noso alumnado dereitos e deberes.

Este ano, quixemos facelo a través de contos. O equipo de biblioteca puxemos a súa disposición diferentes contos e historias que debían ler e asociar a un dos dereitos da infancia.

Aquí deixamos un dos contos cos que conta a nosa biblioteca que vos recomendamos para que o teñades en conta.




7 de nov. de 2022

Novembro: Mes da ciencia nas bibliotecas escolares

 Mes da ciencia nas bibliotecas escolares


Rubiños! Como todos sabedes o mes de novembro é o mes de conmemorar a presenza da ciencia nas bibliotecas escolares por iso a nosa enchéuse de experimentos centrados no cine, que é como xa sabedes, o proxecto anual do centro. A empresa de Ciencia en movemento asentouse no noso fermoso espazo durante unha semana para achegar ao noso alumnado experiencias científicas sobre a imaxe ou son. 

Así mesmo, a entrada da nosa Biblioteca Paporrubio acolleu á exposición de ciencia cas últimas novidades dos nosos libros de consulta sobre diferentes ámbitos científicos estándo a disposición do alumnado durante toda o mes.

Para mostra, as seguintes imaxes!










      










4 de nov. de 2022

Escribir a biblioteca escolar: Contos para non durmir

 Escribir a biblioteca escolar: Contos para non durmir

O 31 de Outubro con motivo da celebración de Samaín, os centros escolares preparamos un sin fin de actividades nas que nos asomamos as tradicións dos nosos ancestros. A pasada semana, contábamosvos que descubriron unha chea de tradicións grazas ao contacontos que inaugurou a nosa biblioteca.

Sen dúbida, outra das tradicións de esta época do ano son os contos ou relatos de medo. E xusto iso lle pedimos ao noso alumnado en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega. Por un lado o alumnado de 4º, 5º e 6º acudiron aos cursos inferiores para contar contos de medo. Tamén estreamos o novo lema das bibliotecas escolares, "escribir as bibliotecas escolares" ca proposta "Contos para non durmir", un concurso mediante o que o alumando de 3º a 6º elaborou as súas historias e terror.

Deixamos aquí algunhas imaxes do noso Samaín!







3 de nov. de 2022

Día 24 de Outubro: Día das bibliotecas escolares

24 de Outubro:

Día das bibliotecas escolares

Esta data para nós e ben especial xa que como cada ano celebramos o días das nosas bibliotecas. Eses espazos fermosos que hai nos nosos centros nos que teñen cabida miles de historias, centos de contos, unha chea de misterios que queremos achegar aos nosos nenos. 

Este ano cun sentido aínda máis especial xa que inaugurábamos a nosa biblioteca despois de meses de moito traballo con cambios moi importantes que fixeron do noso lugar favorito do cole un recuncho especial e máxico. En nada achegaremos por aquí un video no que mostraremos o resultado.

Que mellor forma de abrir as nosas portas que cun contacontos fermoso sobre as tradicións do Samaín que nos achegou Eva Tato de Arurun e que nos deixou fascinados. Todo o colexio puido desfrutar de un anaquiño de maxia, risas e contos varios. 




 

Exposición de Samain

Samaín en libros

 Como cada ano, os libros que temos na Biblioteca Paporrubio en relación ca temática de Samaín, ocuparon un sitio privilexiado no corredor do colexio ao alcance dos nenos e nenas e dentro da nosa biblioteca. 
Aquí vos deixamos a proba. 

Desexamos que vos guste!


O noso castelo encantando

A meiga que se colou na biblioteca.

Día das escritoras

17 de Outubro:

Día das escritoras

O pasado 17 de Outubro celebrouso o Día das escritoras e dende a Biblioteca Paporrubio, quixemos plantexar un reto aos nosos rubiños co fin de poñer o seu inxenio a proba. 
Baixo a pregunta, "que teñen en común estes libros? " escondíase o seguinte reto.
Exposición co biblioreto.

Tras uns días de reflexión onde os nenos visitaron a exposición e depositaron as súas hipóteses na maleta, festexamos e develamos o misterios achegando unha breve reseña das escritoras expostas e dando os nosos parabéns aos nenos e nenas que foron quen de dar ca solución!