3 de nov. de 2022

Día 24 de Outubro: Día das bibliotecas escolares

24 de Outubro:

Día das bibliotecas escolares

Esta data para nós e ben especial xa que como cada ano celebramos o días das nosas bibliotecas. Eses espazos fermosos que hai nos nosos centros nos que teñen cabida miles de historias, centos de contos, unha chea de misterios que queremos achegar aos nosos nenos. 

Este ano cun sentido aínda máis especial xa que inaugurábamos a nosa biblioteca despois de meses de moito traballo con cambios moi importantes que fixeron do noso lugar favorito do cole un recuncho especial e máxico. En nada achegaremos por aquí un video no que mostraremos o resultado.

Que mellor forma de abrir as nosas portas que cun contacontos fermoso sobre as tradicións do Samaín que nos achegou Eva Tato de Arurun e que nos deixou fascinados. Todo o colexio puido desfrutar de un anaquiño de maxia, risas e contos varios. 




 

Exposición de Samain

Samaín en libros

 Como cada ano, os libros que temos na Biblioteca Paporrubio en relación ca temática de Samaín, ocuparon un sitio privilexiado no corredor do colexio ao alcance dos nenos e nenas e dentro da nosa biblioteca. 
Aquí vos deixamos a proba. 

Desexamos que vos guste!


O noso castelo encantando

A meiga que se colou na biblioteca.

Día das escritoras

17 de Outubro:

Día das escritoras

O pasado 17 de Outubro celebrouso o Día das escritoras e dende a Biblioteca Paporrubio, quixemos plantexar un reto aos nosos rubiños co fin de poñer o seu inxenio a proba. 
Baixo a pregunta, "que teñen en común estes libros? " escondíase o seguinte reto.
Exposición co biblioreto.

Tras uns días de reflexión onde os nenos visitaron a exposición e depositaron as súas hipóteses na maleta, festexamos e develamos o misterios achegando unha breve reseña das escritoras expostas e dando os nosos parabéns aos nenos e nenas que foron quen de dar ca solución!