6 de maio de 2019

Libros doados pola ANPA Pousa de Fontán para a aula matinal.

Hoxe quedaron colocados no comedor do colexio os libros doados pola ANPA Pousa de Fontán, para o seu uso na aula matinal e no comedor en días de choiva.
Tendo en conta a diversidade de alumnado que utiliza estes servizos e o pouco tempo dispoñible, o lote de libros doados son unha fantástica colección de libros- xogo de observación, busca e entretemento para todas as idades.

2 de maio de 2019

Abrimos o recanto lúdico

Xa temos aberto o recanto lúdico e creativo na biblioteca. Ofrécenos diferentes materiais e xogos para estimular a creatividade, a cooperación, a estratexia, a lóxic, a linguaxe, etc..... Axuntamos as instruccións dos materiais: