25 de out. de 2021

Chegou o ansiado día amiguiños e amiguiñas!


Con motivo do Día das bibliotecas escolares o noso recuncho favorito de lectura abre de novo as súas portas coa ilusión e a paixón renovadas. Todas as nosas forzas están o 100% para levar a cabo grandes proxectos da man dos nosos cómplices, vós, os nosos lectores, os que dades vida a Biblioteca Paporrubio.
Sede todos benvidos!

Preme na imaxe e abre as portas da nosa biblio!








 

17 de xuño de 2021

                                                         Chegando a porto..








Que teñades un bo verán cheo de fermosas historias!





                                                 A NOSA EXPOSICIÓN:
 










12 de maio de 2021




O mes das letras en Galego


Queridos amiguiños!

O mes de maio é o mes das letras en lingua galega, momento de reivindicar aínda máis se cabe a riqueza da nosa cultura e das verbas na nosa lingua nai. 
Por iso as portas da nosa biblioteca énchense de libros en Galego e da nosa homenaxe a autores da nosa terra que honran a nosa fala cas súas obras. 
Dende aquí a nosa invitación a que visitedes a exposición que vos descubrirá a Chano Piñeiro e a Fina Casalderrey. Conoceredes a Naturizo e a Amelia os protagonistas da nova colección que chegou ao noso cole e que tedes a vosa disposición na entrada da biblioteca.




 

23 de abr. de 2021

MES DO LIBRO 


Queridos nenos e nenas, compañeiros e familias!

Este blog está de noraboa porque hoxe 23 de Abril estamos celebrando o Día do libro. Durante este mes de Abril estivemos facendo diversas actividades, exposición e lecturas divertidas para celebrar esta data. Por iso, queremos compartir con todos vós a nosa alegría e as imaxes de este mes tan especial para a Biblioteca do noso centro.

Exposición de libros de Saúde

No noso cole contamos con unha ampla variedade de libros relacionados ca saúde (o corpo humano, hábitos saudables ou alimentación) Tras as preguntas aos doctores os nosos pequenos lectores tiñan moita curiosidade.



Un xogo literario

O equipo de biblioteca quixemos propoñerlle ao profesorado un xogo. Cada mestre e mestra tiña a metade da portada de un libro e debía buscar entre os compañeiros a súa metade. Esta actividade deu moito de si tanto na aula, onde os nenos xogaron a investigar con nós quen sería a nosa metade como nos corredores onde os compañeiros pasamos un bo rato resolvendo o misterio.


Exposición de libros que falan de libros






Paxaros de fantasía:

Estes paxaros de fantasía levan no seu bico palabras e frases dos libros que leen os vosos fillos. Eles foron os encargados de poñerlle cor a estas fermosas aves e de escoller unha palabra que con eles vai voando.



A nosa biblioteca recibe a miúdo novos contos e historia. Nestos días, chegaron o noso colexio as aventuras de Naturizo. Aquí vos deixamos un vídeo onde nos falan deste contos que falan da nosa riqueza natural. 















6 de abr. de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 



Hoxe, 7 de Abril de 2021 celebramos a saúde e que mellor forma de facelo que desfrutando das respostas que o Doutor Román e a Doutora Villar prepararon con tanto agarimo para resolver as vosas dúbidas.


Respostas para o alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria:



Respostas para o alumnado de 4º, 5º e 6º:







5 de abr. de 2021

 Queridos lectores e lectoras!



O noso corredor encheuse de poemas polo Día Mundial da Poesía. Todos e todas vós recibístedes unha encomenda moi especial como era ilustrar estes poemas fermosos en galego e en castelán, escritos por mulleres e por homes.

Dende aquí a nosa homenaxe o incríble traballo que fixestedes.

Grazas de corazón!


8 de mar. de 2021


8 DE MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Hoxe é un día de celebración, é un día para reivindicar o papel da muller no mundo. O corredor do noso colexio énchese da vidas de grandes mulleres que cambiaron o mundo, de valentes que non se rendiron e que nos marcaron o camiño. Os vosos nenos e nenas descubirán a labor de esas grandes mulleres e o que supuxo para a nosa historia.
Hoxe, é un día para dicirlle ao mundo que podemos ser o que soñemos ser.