23 de abr. de 2021

MES DO LIBRO 


Queridos nenos e nenas, compañeiros e familias!

Este blog está de noraboa porque hoxe 23 de Abril estamos celebrando o Día do libro. Durante este mes de Abril estivemos facendo diversas actividades, exposición e lecturas divertidas para celebrar esta data. Por iso, queremos compartir con todos vós a nosa alegría e as imaxes de este mes tan especial para a Biblioteca do noso centro.

Exposición de libros de Saúde

No noso cole contamos con unha ampla variedade de libros relacionados ca saúde (o corpo humano, hábitos saudables ou alimentación) Tras as preguntas aos doctores os nosos pequenos lectores tiñan moita curiosidade.



Un xogo literario

O equipo de biblioteca quixemos propoñerlle ao profesorado un xogo. Cada mestre e mestra tiña a metade da portada de un libro e debía buscar entre os compañeiros a súa metade. Esta actividade deu moito de si tanto na aula, onde os nenos xogaron a investigar con nós quen sería a nosa metade como nos corredores onde os compañeiros pasamos un bo rato resolvendo o misterio.


Exposición de libros que falan de libros






Paxaros de fantasía:

Estes paxaros de fantasía levan no seu bico palabras e frases dos libros que leen os vosos fillos. Eles foron os encargados de poñerlle cor a estas fermosas aves e de escoller unha palabra que con eles vai voando.



A nosa biblioteca recibe a miúdo novos contos e historia. Nestos días, chegaron o noso colexio as aventuras de Naturizo. Aquí vos deixamos un vídeo onde nos falan deste contos que falan da nosa riqueza natural. 















Ningún comentario:

Publicar un comentario