19 de nov. de 2020

25 de Novembro: Día Mundial contra a violencia de xénero

 Queridos rapaces e rapazas, familias e cmpañeiros:

Aquí estamos de novo para poñer o noso graniño de area a celebración do Día mundial contra a violencia de xénero que se celebra o vindeiro 25 de Novembro. Dende o equipo de biblioteca, seleccionamos algúns libros sobre esta temática que vos están esperando na exposición que está instalada na porta de nosa Biblioteca Paporrubio.







A ritmo da fermosa canción de Rozalén "La puerta violeta" facemos un percorrido por algúns dos contos que podedes atopar nesta exposicións, listos para viaxar as vosas aulas.


Nestes tempos, onde este virus travieso non nos permite "tocar" iniciativas como esta que aquí vos deixamos están xenial para poder viaxar por contos, ler dende o formato dixital e disfrutar ca lectura de 
"Lecturas rebeldes para infancias libres"


O equipo de bibliteca tamen quere contribuir a poñer a disposición dos compañeiros e compañeiras profes, un enlace a unha carpeta con recursos cos que podedes disfrutar traballando dende a aula.







Lecturas compartidas

 Bos días queridas familias:

Un mes máis aquí estamos para traer os libros que seleccionamos para vós este mes. Animadevos a botar un ollo. Como na publicación que fixemos en Outubro, so tedes que facer clic sobre a imaxe do libro que queredes e accederedes ao enlace para descargar a novela.

Se tendes algunha dúbida, aquí estamos para atendervos!