Amosando publicacións coa etiqueta Feira de Turismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feira de Turismo. Amosar todas as publicacións

29 de abr. de 2019

Feira de Turismo ChaPiTour

Dende o xoves 25 de abril e ata o martes 7 de maio abríu a Feira de Turismo ChaPiTour.

A Feira está situda no corredor do 2º andar e nela pódense visitar os postos das 10 empresas turísticas creadas polo alumnado de 6º de educación primaria.

A Feira ofrece diferentes rutas por Parques Nacionais de Europa axustadas ao proxecto documental integrado Ruta de Natureza por Europa  levado a cabo no segundo trimestre e que contou coa axuda da biblioteca na busca de recursos informativos e TIC . 


A Feira ábrese cada día para recibir a visitado público, e poder explicar as diferentes ofertas.