Semana do libro
Cada recuncho do noso centro tiña unha pequena exposición
Biblioteca do C.E.I.P. Chano Piñeiro . "Leo para vivir máis vidas que os gatos". Fran Alonso
Semana do libro
Cada recuncho do noso centro tiña unha pequena exposición
Día da poesía
Semana da prensa
A primeira semana de marzo celebramos a semana da prensa por iso a nosa entrada lucía así.
Fixemos lecturas compartidas de diferentes tipos de xornais, descubrimos xornais de diversas partes do mundo, dentro do proxecto de cine demos a coñecer personaxes relacionados co xonalismo que saen en films e unimos a conmemoración do día da muller coa prensa (buscamos mulleres xornalistas, pescudamos boas novas protagonizada por mulleres)
Mes de febreiro
Este es de febreiro temos moitas cousas que conmemorar por iso a entrada da nosa biblioteca enchéuse de libros relacionados coas nenas e mulleres científicas, de Rosalía de Castro e do entroido.
Aquí deixamos a mostra.
Día da Paz
Sen dúbida, unha das conmemoracións máis especias é a do día da Paz xa que nos permite traballar valores, historias e vivencias.
Este ano, decidimos traballar este día dende a lectura do conto "No sin mis cosas preferidas".
Mediante a historia de esta nena que debe encher a súa maleta coas súas cousas favoritas fixemos unha dinámica na que reflexionamos sobre que meteríamos na nosa maleta se de un momento a outro tiveramos que emprender un viaxe sen volta.
E a nosa exposición este ano presidíuna o guernica de Picasso para debatir sobre os conceptos de Paz e Guerra.
Aquí está o resultado: