29 de mar. de 2011

Cuentos en verso para niños perversos


Hoxe tivemos o terceiro encontro do Clube de Lectura. Limos Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl. Unha lectura atractiva, innovadora e provocadora,...

A sátira móstranos que, nin aqueles que tradicionalmente eran bos o son tanto, nin os malos son tan malos.

¿Eres capaz de cambiar, de "darlle a volta ao coñecido",...? Si é así, anímote a que leas este libro. ATRÉVETE.


Decidimos que o seguinte libro (mes de Abril) será Historia de una maestra da grande mestra Josefina Aldecoa.


28 de mar. de 2011

Bicos, bicos e máis bicos


Bicos, bicos e máis bicos

Un bico porque non
Un bico coma o lume
Un bico corazón
Un bico porque re
Un bico porque do
Un bico porque la
Un bico porque sol
Un bico do re mi
Un bico acordeón
Un bico do si fa
Un bico percusión
Un bico porque si
Un bico porque non
Antonio García Teijeiro


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para xoves, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces/as. Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa. No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX. O seu libro de relatos Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do Fórum Barcelona 2004.

21 de mar. de 2011

POEMarte

Atrévete a poemar
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
" Ábrese un gromo,
sae unha flor.
A primavera
ole a calor.
Sol, choiva,
néboa, color
Primaveriña...
Que ledo estou".

García Teijeiro

Queremos que disfrutedes da Poesía, hai poemas de todas as cores e sabores, seguro que uns vos gustan máis e outros menos, pero non deixedes de probar ata que atopodes un que vos saiba ben.
1- Rincón do Poeta. A partir do 10 de Febreiro, posta en marcha do Rincón do Poeta, o Paporrubio vainos traer distintas poesías que topa nos libros, e ademáis tamen vainos contar cousas sobre os autores-as das mesmas.
2-As Maletas da Poesía . Dende o día 23 de febreiro , chegaron por mar, "dende a Habana", ata as aulas, catro maletas cheas de libros variados de poesías...unha por ciclo, para ler, tocar, disfrutar destes libros. Coas maletas van acompañadas dunhas suxestións e propostas de actividades para realizar nas aulas.
3 -Propostas para traballar a Poesía. Tamén ofrecemos a relación dunha serie de actividades para traballar a Poesía nas aulas.
4-Semana da Poesía .
Enchemos a boca de Palabras doces: Imos recitar poesías polos pasillos do colexio, os nenos e nenas que queiran facer recitado de poemas de memoria, lendo, sós, en parellas, en grupo, escenificando...) Terán que comunicalo antes do 15 de marzo , para poder organizar o recital.
Atréveste a POEMAR? :sabemos que hai alumnos-as aos que as sensacións das que están feitos os poemas lles saen con moita facilidade, e son capaces de facer poesías moi atractivas. Aqueles que escriban e queiran compartir con nós as súas obras poderán facelo , e comunicalo antes do día 15 .
5- O xardín da poesía do Chano Piñeiro.
Cada alumno-a escribirá (os pequenos poden facer unha ilustración ou debuxo) , ata o día 11 de marzo nunha pequena cartulina de cor, facilitada pola Comisión de biblioteca, un fragmento dunha poesía ...e pola parte de atrás o título do libro onde a recollesen así como o autor da mesma.

18 de mar. de 2011

¡FELICIDADES!

Dende a Biblioteca queremos felicitar o Espazo Lectura polo premio Francisco Fernández del Riego. Facedes un gran traballo: acercar a todos/as á lectura. Seguide así. NORABOA

17 de mar. de 2011

Adeus a unha gran mestra


"No hay dedicación más hermosa que la enseñanza, compartir con los niños lo que se sabe, despertar en ellos el deseo de averiguar por su cuenta las causas de los fenómenos, las razones de los hechos históricos".

Con Josefina Aldecoa vaise unha verdadeira pioneira na defensa da igualdade, abanderada de valores coma o esforzo e a superación e, sobre todo, da liberdade. Unha muller de exquisita elegancia, a que o adxectivo que mellor a define é exemplar.

Disfrutade da súa obra: "Historia de una maestra", "Mujeres de negro", "La fuerza del destino", "Los niños de la guerra",...

Podedes ler a interesante información recollida no xornal "El Mundo".

16 de mar. de 2011

Dime qué lees y te diré quién eres


A fundación Granell inaugura a biblioteca de 15.ooo volumes do pintor surrealista.
Faro de Vigo

7 de mar. de 2011

8 de Marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Adicado a TODAS vos.
Hoxe é un bo día para recordar a tantas mulleres escritoras que coa súa pluma nos achegaron o fascinante mundo das letras: Josefina Aldecoa, Isabel Allende, Rosalía de Castro, María Dueñas, Luz Pozo, Dora e Pura Vázquez, Fina Casalderrey, Gloria Fuertes, María Xosé Queizán, María Vallejo-Nájera, Lucía Etxebarría, Iolanda Zúñiga, Espido Freire, Ana Mª Fernández, Gabriela Mistral, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute, Carmen Posadas, Nativel Preciado, Soledad Puértolas, Maruja Torres, Rosa Regás, ... e tantas outras.