29/05/2011

As familias tamén contan...

Máis vale tarde que nunca....
Por "problemas técnicos" non puiden subir antes esta foto...
Xa fai bastantes días que nos visitaron os pais de Samuel (Fran e Yoli).
Contaron e representaron o conto do "Carteiro Zacarías". Pero esta
historia non terminou como rematan case todos os contos,... senón que a Carteira Yoli regalounos un sobre cunha postal para que lle escribiramos a algún compañeiro/a do cole. Os poucos días volveu e entregou as cartas os seus destinatarios.
Fixéstelo moi ben. ¡¡MOITAS GRAZAS!!


Tamén veu, por segunda vez, Virgina (nai de David e Carla). Desta volta contounos Pequechos das montañas e O embigo de Xanecas.
¡¡GRAZAS VIRGINIA pola túa colaboración!! FIXÉCHELO ESTUPÉNDAMENTE.

26/05/2011

As profes tamén contan...




Dolo, Carmen Pose, Pili e Estela fomos contar uns contos o Espazo Lectura. Foi unha experiencia preciosa, esperemos que se repita.
Todos disfrutamos con: A vella Lulula, A lúa ladroa, As manoplas de Carapuchiña, Os petos de Loreto e un conto elaborado polos nenos/as de 3º de Primaria: O cuxo pequeno da Casa Grande da Pousa.
Gracias nenos/as e papás/mamás pola vosa presencia, atención e cercanía. Seguide así.

20/05/2011

As familias tamén contan



Os pais/nais dos nenos/as de 5º de Infantil (A e B) tamén viñeron o cole é contáronnos moitos contos.
Trini (mami de Andrea) leunos Casiña de chocolate.
A mamá de Lois, Lupe, contounos O lobo e os sete cabritiños.
Sesi, que é a nai de Lucía, O Pito Cairo.
A mamá de Xoán, Montse, leunos Pedro y el lobo.
Os papis de Noelia (Susana e Ezequiel), contáronos Bob Esponja.
Trini, nai de Iago, recordounos a Caperucita Roja.
Sandra, nai de Irene, Ay!, ...así se chama o conto.
A mami de Hugo, Sonia, explicounos “como se fai un traxe” co Sastrecillo Valiente.
Anair, nai de Esteban, contounos varios contos, entre eles Anaconda.
A mami de Miguel, Nuria, leunos un conto relacionado cun herbario, que despois fixemos.
Alejandra e Blas, pais de Carmen, recordáronos Os músicos de Bremen.
Los tres cerditos e Juan y el lobo foron contados por Javier, pai de Brais.
MOITAS GRAZAS QUERIDOS PAPIS E MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN.

09/05/2011

LOIS

Seguimos descubrindo a Lois Pereiro. Un poeta profundo e emocionante,...
XV
Soir. La femme qui est derrière moi
me rergarde á travers du mirroir que j'aie
dévant ma face. Soir. Et le soleil brule nos ames.
Le désir chante. Et moi, maintenant, tout hereux d'être vivant.
Quérote. Soir. Serán. A muller que teño detrás obsérvame
polo espello que hai xusto diante miña. Serán.
O sol está a arder nas nosas almas. Canta
o desexo. E eu, agora, feliz de seguir
vivo. Je t'aime. Serán. Escribo
isto con calma e sigo
sendo o mesmo, ou
iso penso.
Creo
(Luz e sombras de amor resucitado. 1995)
























03/05/2011

OS SETE CABRITOS


Ana María Fernández é outra das nosas escritoras galegas de actualidade.Cultiva a poesía, o teatro e a narración. Conta con varios libros escolares relacionados coa aprendizaxe do galego así como coa traducción de varias obras de literatura infantil ao galego. En 1977 consigue o primeiro premio do "Concurso de Contos Infantís O Facho" coa obra Os amigos do cabaceiro. Con Xoán Babarro, como colaborador, recibe tamén o primeiro premio de teatro do concurso "O Facho" de 1978, coa obra Grande invento para saír do aburrimento e os premios "O Barco de Vapor" dos anos 1985 e 1989, coas obras Primeiro libro con Malola e Barrigaverde e o dragón Achís, respectivamente.A súa producción continúa en actividade sendo "Poemas que me contou o grilo" unha das súas últimas obras, publicada no 2007.

Matarile-rile, matarile-rón,
os sete cabritos de branco algodón.

Os sete cabritos querían xogar
á roda rodiña, no verde pinar.

E chegaron novas que o lobo feroz,
quería xantar año con arroz.

A mamá cabuxa, mortiña de medo,
pechoulles a porta co seu tarabelo.

-Non saiades fóra, que nunca se sabe,
eu volverei logo e xa levo a chave.

Mais o lobo malo, que andaba á procura,
seis deles puxo na barriga escura.

Dentro do reloxo, o máis pequeniño,
púidose librar do negro fociño.

E avisou á nai, que era costureira
e, xuntos, abríronlle a tripa tripeira.

Ao sairen todos, brincando contentos,
enchéronlle a panza de pedras a centos.

Matarile-rile, matarile-rón,
os setes cabritos de branco algodón.

Ana María Fernández

01/05/2011

"Me llamo Ernesto..."

El escritor argentino Ernesto Sábato ha muerto a los 99 años en Buenos Aires.

Sábato, quien fue el último superviviente de los escritores con mayúscula de la literatura argentina, estaba prácticamente ciego, lo que lo mantenía retirado en su residencia bonaerense de Santos Lugares.

Nacido en la localidad bonaerense de Rojas el 24 de junio de 1911, abandonó su carrera científica en los años 40 para volcarse en la literatura con la publicación de la recopilación de ensayos 'Uno y el Universo'.

El reconocimiento internacional le llegó en 1961 con 'Sobre héroes y tumbas' y la consagración en 1974 con 'Abaddón el exterminador', que completan la trilogía iniciada con 'El túnel' (1948), adaptada al cine en 2006.

Premio Cervantes en 1984

Galardonado con el Premio Cervantes en 1984 y propuesto comocandidato al Nobel de Literatura de 2007, Ernesto Sábato no sólo fue reconocido por su oficio de escritor, sino que además presidió en 1984 la Comisión Nacional sobre Desaparición de Personas (Conadep).

La última obra publicada de Sábato, que también recibió los premios Gabriela Mistral (1983) y Menéndez Pelayo (1997), fue 'España en los diarios de mi vejez'.