30/08/2011

Dicionario de pronuncia da Lingua Galega


O Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega.
Os obxectivos prioritarios deste novo dicionario en liña, accesible no sitio web http://ilg.usc.es/pronuncia, son facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc. Para isto, conta cun buscador no que poden introducirse palabras ou cadeas de caracteres. A páxina de resultados presenta a forma, a categoría gramatical, a transcrición e o arquivo de voz.

15/08/2011

Implicadas/os no Desenvolvemento

"Implicadas/os No Desenvolvemento pon á venda libros da súa biblioteca para recadar fondos para o Proxecto de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (India).
A maioría dos títulos, escritos ou traducidos en galego, están sen estrear e ofrécense á metade do prezo de mercado.
Dentro das iniciativas que Implicadas/os No Desenvolvemento está levando a cabo para financiar o Proxecto de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (India) inclúese esta nova acción que consiste en ofrecer ao público en xeral obras da súa biblioteca a prezos reducidos. Os títulos, escritos ou traducidos en galego, están en estado seminovo ou sen estrear e as persoas interesadas pódenos mercar a 5 euros/exemplar.
As obras son:

02/08/2011

El niño Somalí

Hoxe, máis ca nunca, faise presente o poema de Gloria Fuertes. En recordo de tódolos nenos/as víctimas das inxustizas.
Hoy tengo la gripe,
pero no me duele la espalda.
Hoy solo me duele la mirada,
de ese niño Somalí.
Es un niño que no tiene nada.
Niño sin juguetes, sin comida,
sin agua.

Estuve allí,
y le dije al niño Somalí:
-Te traigo unos cuentos.
Y el niño me dijo con la mirada:
-Yo no estoy para cuentos,
ni para nada.

Hoy tampoco estoy para versos
porque me duele la mirada
de ese niño de Somalia.

Es un niño que solo tiene moscas
en los ojos y en los labios secos.
Son de esas moscas
que solo pican a los muertos.
Gloria Fuertes
Podemos engadir (tamén de Gloria Fuertes):
Yo como
Tú comes
El come
Nosotros comemos
Vosotros coméis
¡Ellos no!