27 de set. de 2011

A Galiña Azul


Comezamos unha nova andadura no Clube de Lectura para mestres/as. O ano pasado foi unha experiencia moi positiva e coidamos que este ano será o mesmo. Xente nova que se une o grupo e os que xa estabamos.
En xuño do curso pasado quedaramos en ler A Galiña Azul do ourensán Carlos Casares pero, por diversos motivos non puido ser, polo que o retomamos agora. Ademais, cunha novidade: Dolo leunos o conto. Despois, moita conversación: a diversidade, a riqueza da diferenza,..., e, como non, as cualidades positivas das galiñas.
Dolo leunos tamén No me gusta leer, un conto entrañable que nos pon na pel dun neno o que non lle gustaba nada ler, aínda que o final descubriu o encanto e a maxia dos libros.
Quedamos para dentro dun mes. Leremos Que me queres amor de Manuel Rivas.

23 de set. de 2011

As cores do Outono

Disfrutade das cores do outono e da música de Vivaldi.

13 de set. de 2011

Novas curtas de animación



Os sete cabritos, A porta que trota e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos de tres fermosas curtas de animación infantil que xa están dispoñibles na rede. Estes contos audiovisuais, dirixidos a entreter e a favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos, están accesibles a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística(www.xunta.es/linguagalega), que vén de poñelos a disposición da cidadanía xunto con cadansúa proposta didáctica para traballar, na aula ou en familia, a competencia lingüística dos nenos e nenas.