30 de abr. de 2012

O tendal da poesía

Xa vos contamos, que durante a semana da Poesía puxemos un tendal con prendas de roupa na entrada do colexio. Esas prendas, que incialmente eran blancas, convertéronse en roupa falante, transmisora de ideas e desexos. Poemas de escritores/as famosos e tamén de xóvenes promesas que hai no centro.
A roupa xa está seca, lista para ser usada.

Camiño das palabras

Palabra a palabra facemos camiño. Palabras longas e cortas, sobrias e elegantes, altas e baixas,..., xuntas formando un gran corazón.
Así comezou este camiño, con botas de neno e de maior. Cada un leva as que mellor lle vaian. Sempre para adiante.
video

17 de abr. de 2012

AbRiL LibRoS MiL

En Abril libros a mares. Celebraremos moitas actividades das que desexamos que participedes e disfrutedes:
  • Eu recomendo: Que libro nos recomendas? Ese libro que liches é do que quedaches prendado... CompARTE.
  • Lecturas ao Sol: o luns 23, a hora de ler farémola no patio. Despois escribiremos nun papel unha palabra da 6ª liña da páxina 6, e faremos un camiño que percorrerá o colexio.
  • Apadriñamento de libros: faremos de Contacontos entre os distintos cursos.
  • Apadriñamento cos alumnos/as do IES: os rapaces do IES apadriñarán con contos os nenos/as de 5 anos.
  • Exposición de libros elaborados nas aulas.
PESQUEITE LENDO
¡Pescámosvos lendo!,..., e queremos compartilo con todos vos.
Podedes pasar a ver a exposición, no horario establecido.


13 de abr. de 2012

Semana da Poesía

Todos temos algo de poeta e... demostrámolo. Do máis profundo saíron as emocións e sentimentos,..., e expresámolas. Aquí vos queda un pequeno recordo. Todo é un regalo do mar que chegou en forma de maleta...
video
¡¡¡Animádevos a ver a exposición de "Pesqueite Lendo" na entrada do Colexio!!!.

2 de abr. de 2012

El viaje de María

Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e o do Autismo. Acompañemos a María na súa viaxe: