26 de abr. de 2019

II certame escolar de CREACIÓN DRAMÁTICA

O xoves 25 de abril o alumnado e profesorado de 6º de educación primaria recibíu a visita de Fátima e Luis da Sección de Teatro do Instituto de Estudos Miñoráns que fixeron entrega dos diplomas de participación no II certame escolar de Creación Dramática, coas obras escritas perante o primeiro trimestre escolar. 

 Fixeron tamén entrega dun lote de libros de teatro e poesía para cada aula.


22 de abr. de 2019

23 de abril. Día do Libro

Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítou un díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019. 

 Este ano a poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.


9 de abr. de 2019

Lecturas ao sol

Chegou abril  ,o mes dos libros cunha semana de bo tempo, polo que aproveitamos para facer as nosas lecturas ao sol no patio do colexio ata o xoves, no que utilizamos os corredores do colexio.

Esta actividade é xa un referente docolexio, epodemos facer lecturas de todo tipo en lugares diferentes. 

O alumnado de 3º de educación primaria relizou apadriñamentos lectoresco alumnado de educción infantil. 




29 de mar. de 2019

Día do Libro Infantil

Comeza o mes de abril, o Mes dos libros e a lectura, e a primeira data a celebrar é o Día do Libro Infantil e xuvenil o martes 2.


O Ibby comparte o cartel e o manifesto deste ano baixo o titulo Os libros fannos acougar e cuio autor é Kestius Kasparavicius


Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación. 

Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar. 

O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante? 

Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si? 

E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven... vaites, xa sabedes o que ven!

 Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor. 

No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós: 

Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros! 

Tradución: Antía Marante Arias (GÁLIX)

28 de mar. de 2019

Luis Seoane. Día das Artes Galegas

O luns 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas que neste ano 2019 está adicado á figura de Luis Seoane. 

 A Rede do Patrimonio Cultural achega dous documentos de traballo, para todas as idades, conscientes de que o mellor camiño para a conservación do Patrimonio é o coñecemento.





Sempre é un pracer disfrutar da obra dun artista como Luis Seoane e acercarnos máis á súa figura.

14 de mar. de 2019

Semana da Prensa

Dende o xoves 14 de marzo o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Paporrubio preparamos diferentes actividades para levar a cabo na Semana da Prensa e que rematarán coa elaboración conxunta do periódico escolar.

Para axudarvos na posta en práctica de diferentes actividades arredor da prensa, podedes clicar na pestana PRENSA e incluimos enlaces a prensa dixital e medios audiovisuais en galego, así como os materiais elaborados no centro: A infografía Textos periodísticos e a Unidade Didáctica Integrada. 


Radio Galega: RG
Televisión de Galicia: TVG

No corredor da 1ª planta pódese visitar a exposición de Prensa escrita do mundo e os diferentes periódícos elaborados no centro.