27 de out. de 2020

Queridas familias

 Queridas familias:

Como sabemos que o aprendizaxe radica no exemplo, aquí vos deixamos unhas cantas propostas de lecturas para vós. Seguro que demostrándolle os nenos o valor da lectura, o que disfrutades vós dun anaco de lectura e en definitiva ser o espello onde se eles se miren axudará a fomentar un hábito lector.
É moi sinxelo. Facedes clic na imaxe que vos levará a un enlace de Drive onde poderedes descargar as novelas a calquer dispositivo electrónico.
Cada certo tempo, traeremos propostas novas para vós. Non deixedes de visitar o blog da biblioteca.
Disfutade moito de estos libros.






 

24 de out. de 2020

Día Internacional das Bibliotecas Escolares


 24 de Outubro 

Día Internacional das Bibliotecas Escolares










23 de out. de 2020


Queridos rapaces e rapaces!
Xa chega Samaín!

Dende a Biblioteca Paporrubio temos unha chea de cousas preparadas para que ningunha aula se quede sen desfrutar do Samaín.
Estades listos?
Truco ou trato?

Na entrada do cole temos a nosa exposición de Samaín con moitos libros, contos e historias de bruxas, monstros, lobos, trasgos e todas eses seres que cobran vida nesta data máxica.
Non deixedes de visitala!









 


Este virus que anda pululando por ahí non nos permite tocar moitas cousas, pero iso non é un impedimento para disfrutar da lectura.
Aquí tedes algún libros e contos de Halloween ou Samaín en formato dixital. Facede clic na imaxe e que comece a historia








As redes están cargadas de recursos para traballar o Samaín. Aquí vos deixamos algunhas ideas por si queredes botarlle un ollo!






















 

6 de maio de 2019

Libros doados pola ANPA Pousa de Fontán para a aula matinal.

Hoxe quedaron colocados no comedor do colexio os libros doados pola ANPA Pousa de Fontán, para o seu uso na aula matinal e no comedor en días de choiva.
Tendo en conta a diversidade de alumnado que utiliza estes servizos e o pouco tempo dispoñible, o lote de libros doados son unha fantástica colección de libros- xogo de observación, busca e entretemento para todas as idades.

2 de maio de 2019

Abrimos o recanto lúdico

Xa temos aberto o recanto lúdico e creativo na biblioteca. Ofrécenos diferentes materiais e xogos para estimular a creatividade, a cooperación, a estratexia, a lóxic, a linguaxe, etc..... Axuntamos as instruccións dos materiais: