8 de mar. de 2021


8 DE MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Hoxe é un día de celebración, é un día para reivindicar o papel da muller no mundo. O corredor do noso colexio énchese da vidas de grandes mulleres que cambiaron o mundo, de valentes que non se rendiron e que nos marcaron o camiño. Os vosos nenos e nenas descubirán a labor de esas grandes mulleres e o que supuxo para a nosa historia.
Hoxe, é un día para dicirlle ao mundo que podemos ser o que soñemos ser.



 

15 de dec. de 2020

Xa está chagando o Nadal!

E con el, o equipo de biblioteca queremos achegarvos a vós e as vosas familias unhas ducias de libros para desfrutar dos días libres entre receitas, manualidades, plantas, cociña e experimentos. 

Con este agasallo queremos mandar os nosos millores desexos para todos vós nestas datas tan especiais.

Unha aperta

















2 de dec. de 2020

 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Amigos e amigas, hoxe 3 de Decembro celebramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Cada persoa é orixinal, e ninguén é igual, ahí está riqueza de este mundo no que vivimos. Acompañadenos neste viaxe a través dos contos que tedes na exposición que atoparedes as portas da nosa biblioteca para descubrir as capacidades de esas persoas as que hoxe adicamos este día.




19 de nov. de 2020

25 de Novembro: Día Mundial contra a violencia de xénero

 Queridos rapaces e rapazas, familias e cmpañeiros:

Aquí estamos de novo para poñer o noso graniño de area a celebración do Día mundial contra a violencia de xénero que se celebra o vindeiro 25 de Novembro. Dende o equipo de biblioteca, seleccionamos algúns libros sobre esta temática que vos están esperando na exposición que está instalada na porta de nosa Biblioteca Paporrubio.







A ritmo da fermosa canción de Rozalén "La puerta violeta" facemos un percorrido por algúns dos contos que podedes atopar nesta exposicións, listos para viaxar as vosas aulas.


Nestes tempos, onde este virus travieso non nos permite "tocar" iniciativas como esta que aquí vos deixamos están xenial para poder viaxar por contos, ler dende o formato dixital e disfrutar ca lectura de 
"Lecturas rebeldes para infancias libres"


O equipo de bibliteca tamen quere contribuir a poñer a disposición dos compañeiros e compañeiras profes, un enlace a unha carpeta con recursos cos que podedes disfrutar traballando dende a aula.







Lecturas compartidas

 Bos días queridas familias:

Un mes máis aquí estamos para traer os libros que seleccionamos para vós este mes. Animadevos a botar un ollo. Como na publicación que fixemos en Outubro, so tedes que facer clic sobre a imaxe do libro que queredes e accederedes ao enlace para descargar a novela.

Se tendes algunha dúbida, aquí estamos para atendervos!








27 de out. de 2020

Queridas familias

 Queridas familias:

Como sabemos que o aprendizaxe radica no exemplo, aquí vos deixamos unhas cantas propostas de lecturas para vós. Seguro que demostrándolle os nenos o valor da lectura, o que disfrutades vós dun anaco de lectura e en definitiva ser o espello onde se eles se miren axudará a fomentar un hábito lector.
É moi sinxelo. Facedes clic na imaxe que vos levará a un enlace de Drive onde poderedes descargar as novelas a calquer dispositivo electrónico.
Cada certo tempo, traeremos propostas novas para vós. Non deixedes de visitar o blog da biblioteca.
Disfutade moito de estos libros.






 

24 de out. de 2020

Día Internacional das Bibliotecas Escolares


 24 de Outubro 

Día Internacional das Bibliotecas Escolares